A mín o que me parece mal e que se un home lle da unha paliza a unha muller o alcol non sexa atenuante e si lle da unha paliza a outro home sí o sexa.
En todo caso, o alcol e/ou as drogas non deberían ser atenuantes de ningún delito, como tampouco o son dos delitos de tráfico, en toda caso, deberan ser agravantes.
18/11/2009
NOTICIA: Alcol e drogas non atenuarán as penas por violencia machista
verbalizado por
Mer
1 apertas
16/11/2009
SERGAS - Servicio GALEGO de Saúde
O Sergas tén a competencia en sanidade pública en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
Os dereitos dos usuarios serán os mesmos en toda a Comunidade... digo eu.
Entón ¿ por qué ocorre que dentro do mesmo sistema haxa diferencias?
No Hospital Xeral de Vigo, cando vas dar a luz, non tés que levar nada para o teu cativo. Alí ponlle bodys, gorro, pañais, cambianlle o cú as enfermeiras ou auxiliares, fanlle a cura do ombligo, danche a tí as compresas e o necesario para os días que esteades ingresados.
No Hospital Clínico de Santiago, cando vas dar a luz, tés que levar 3 ou 4 mudas para o teu bebé ( bodys, pixamas, gorro, etc...), pañais, toalliñas, cambias tí ao teu bebé ( bueno, isto penso que non nos molesta), as túas compresas e nestes últimos días din que ata o alcohol de 70º para a cura do ombligo.
¿ Será que os censados en Vigo pagan un imposto máis para todo isto, ou será que en Santiago nos discriminan?
Eu xa non sei qué pensar. Entendo que a dirección de cada hospital sexa distinta, pero os dereitos dos usuarios deberían ser os mesmos e na mesma magnitude.
Como o caso do hospital de Monforte, que como durante meses non había anestesistas, non lles poñían a epidural.
E o noso persoal sanitario traballando en Portugal e no Reino Unido... ¿ de verdade non hai traballadores? ¿ qué pasa coas listaxes de emprego do Sergas?
Non acabo de crer nada.
verbalizado por
Mer
2
apertas
12/11/2009
¿ Algodón = Poliéster?
Atopamos estas cortinas no Leroy Merlín, os tonos precisos que necesitábamos logo de pintar o noso cuarto.
Un pouco maniática como son co tema do algodón, de textís feitos con fibras naturais en xeral, decidimos mercar estas que prometían ser 100% Algodón. Non sei se se le moi claro, no centro do cartonciño.
Lendo á etiqueta a elas cosida, antes de proceder ao seu lavado, levei a sublime sorpresa ao comprobar o engano... 100% Poliéster:
¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?
verbalizado por
Mer
4
apertas
02/11/2009
Boda en Sevilla: la novia le canta al novio.
Este vídeo está a percorrer o mundo. Numerosas visitas en youtube, entrevistas aos novios en diversos programas de televisión, envíos por mail, etc...
Está ben que por unha vez a emotividade gañe a partida, que por esta vez internet sirva para enchernos os ollos de bágoas e poñernos a pel de galiña cunha fermosa historia de amor.
Non ían ser todo vídeos violentos ou de bromas pesadas, non ten que estar a rede únicamente á disposición de pederastas e estafadores, tamén contamos con ela para emocionarnos e chorar de pracer.
verbalizado por
Mer
5
apertas
06/10/2009
Tema do día ( de cada día)
No meu cerebro existe unha conexión, constantemente en ON, a ese arquivo da memoria que me recorda o meu estado de boa esperanza.
Xa deixei de traballar hai tempo e podo adicarme a outros menesteres máis prácidos, menos intensos no seu movemento, co madrugón e a conducción excluídos. Teño que estudiar e non me podo concentrar. É moi difícil cando hai alguén dentro de tí recordándoche cun codazo de cando en vez: “Eh! Lembra que sigo aquí”.
Ademais dos constantes recordos por parte da miña inquilina, están as preguntas d@s amig@s, os sms, mails e chamadas: “¿ Hoxe cómo estás?”, ¿ Cando tés a seguinte eco?”, “¿ Xa mercaches xxx?” “¡ Menuda barriga!”... Tamén os agasallos que empezaron a encher o cuarto da rapaza, convertíndo este nunha especie de Lauradisney; os libros, regalados ou prestados, con información suficiente sobre actitudes e posturas a seguir polos pais sometidos baixo o iugo rebelde dos seus fillos, documentadas reportaxes indicándonos: como actuar “en caso de...”, cando dar outro paso na educación do bebé/neno, estimulación prenatal, lactancia materna sí ou non,... ; revistas gratuítas -gratis só os 6 primeros meses, a ver se enganchan-, que fan desbordar o buzón, e un largo etcétera de detalles que non che deixan ver moito máis alá da prominente barriga.
¿ Esfumóuseme a intelixencia? ¿ Onde quedaron as miñas mil inquietudes?
Preocupábame, a ver se de súpeto me idiotizara. Pero non. Nada máis lonxe disto. Simplemente estou a estudiar este momento da miña vida, analizando cada segundo e gozando da gran experiencia de ser nai por vez primeira.
Polo de agora, todo o demáis é iso: DE-MÁIS.
E o que está de máis, sempre pode esperar.
verbalizado por
Mer
5
apertas
25/09/2009
McDonald´s Deluxe
Hai un tempo paseamos pola "Ribeira do Duero/Douro", nunha visita á cidade de Oporto ( Portugal)
Xa hai anos que fóra e había moitas cousas que non lembraba.
Sorprendeunos tanto edificio na zona vella "En Venta-En Venta-En Venta". Edificios fermosos e céntricos, en grandes prazas, coma a Praza das Liberdades. Edificios que de estar en A Coruña ou Vigo, o grupo Inditex non dubidaría en mercar e reformar, restaurando esas belísimas fachadas de pedra, creando as macrotendas ás que nos teñen acostumados.
Pola contra, sí se aproveitou a marca McDonald´s, coa apertura deste restaurante de cómida rápida nun deses edificios: McDonald´s Imperial, todo un Mc de luxo. Neste en concreto, ás 11 da mañán, podíase ver xente tomando un café e lendo o xornal, coma se dunha agradable cafetería se tratara. Non comemos neste tipo de lugares, pero a curiosidade non nos deixou pasar sen entrar a sacar unhas fotiños.
verbalizado por
Mer
5
apertas
31/08/2009
Acaba agosto...
Acaba agosto e co fin deste mes empeza a chegar a xente á cidade.
Hoxe, luns 31, percorrendo as rúas que me levan a outra desas revisións, atópoas cheas de xente, cheas de coches, cheas de vida de novo... a vida do día a día que volta.
Xente saíndo cargada de bolsas coa compra do retorno.
Fago unha parada na biblioteca - sí, nesa biblioteca con esas portas de deseño, pesadas e pensadas para un mundo irreal no que non existen persoas en cadeiras de rodas. Na biblioteca tamén hoxe voltou a xente, non hai un sitio baleiro nos ordenadores e a cola para o aluguer de libros é un pouco máis longa que calquera outro día.
¿ Onde queda a gripe A? ¿ Quén de todos estos será portador? Non podo negar que estou preocupada polo tema.
Acaba agosto e todo retorna, tamén a proliferación de virus, bacterias e demáis, que farán o seu "agosto" co regreso á escola.
verbalizado por
Mer
3
apertas
11/08/2009
Acoso laboral
Unha persoa do meu entorno está embarazada e de baixa. Dende que se atopa nesta situación a empresa non lle paga "en tempo", é dicir, sempre lle pagou arredor do día 3 de cada mes e agora faille esperar ata o 10-11... ou máis, pero despois de chamarlles por teléfono varias veces, reclamando o que é dela (aos seus compañeiros de traballo séguelles a pagar o mesmo día, sobre o 3-4 e sen que llo pidan, claro).
O xerente da empresa di que non tén liquidez.
A miña a miga o mes pasado, mesmo tivo que acudir á empresa para que lle pagasen e, unha vez alí, fixéronlle pasar a mañán traballando.
A seguridade social di que mentres os pagos se vaian facendo non pode facer nada, e que para facer algo a empregada tén que poñer unha denuncia para que a seguridade social envíe unha inspección á empresa coa misión de confirmar a falta de liquidez, ou non, pero aínda sen denuncia chamaron á empresa onte por teléfono para darlles un toque, de tódolos xeitos, hoxe 11 de agosto, a miña amiga aínda non cobrou. Tamén na seguridade social lle din que o tipo de demanda que pode interpor é doutra índole, por discriminación e acoso laboral, xa que isto ocorre precisamente dende o comezo da baixa.
Esta situación fai que a miña amiga estea nun estado de nerviosismo tal que hoxe xa tivo que pasar por urxencias debido á ansiedade.
¿ Vós que faríades?
verbalizado por
Mer
5
apertas
06/08/2009
Seguimos: 22 semanas e 4 días

Sigo viva. A barriga non para de crecer. Laura non para de moverse. Di a matrona que vai para bailarina ou saltimbanqui.
O xoves pasado fomos facer outra eco. Disque vai unha semana adiantada no crecemento, aínda que isto é moi relativo porque non todos os fetos medran ao mesmo ritmo. Pode medrar moito agora e máis adiante estancarse.
Pesa arredor de medio kilo.
Por outra banda, estou bastante preocupada co da gripe A. As embarazadas somos un grupo de risco e o da vacuna...¿? non me convence moito. Polo de agora aínda non está probada en embarazadas nin en menores de 14 anos, que son os que máis a precisan, pois teñen maiores probabilidades de contaxio e tamén de morte... ups.
Ademais non se sabe cómo vai actuar no inverno. Predigo un caos. De tantos infectados de gripe normal mesturados con infectados de nova gripe non resultará nada bo.
Penso que a partir de setembro optarei polo encerramento voluntario.
verbalizado por
Mer
3
apertas
17/07/2009
GALEGOFOBIA
No blogue de Séchu enterieme desta nova noxenta, que él atopou en chuza:
"Atendendo ao anúncio da porta do estabelecimento ..... Santiago de Compostela: «Se necesita dependienta. Razón aquí», entrei no referido estabelecimento com um currículo e entreguei-o à pessoa ao cargo.
Depois de ler o currículo e perguntar-me sobre a minha experiência laboral prévia, eu respondim em galego. A reacçom desta pessoa foi a seguinte:
«Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias»
Evidentemente eu falo perfeitamente castelhano e galego, assim como algo de inglês, mas ao tentar explicar-lho, este homem nom atendeu a razons e seguiu repetindo:
«Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias».
É isto bilingüismo cordial? Isto é o que pretende Galicia Bilingüe?
P.S.: Esta história acontece em 2009, nom em 1950."
Tamén en Chuza, pódese ver cal é esta tenda, á que lle remito esta carta:
Ola,
Chamo-me xxxxx e vivo em xxxxx
Escribo estas palavras para lhes comunicar a minha decisiom de nom voltar entrar no seu estabelecemento e fazer todo quanto esteja na minha mao para que familiares, amig@s e colegas saibam da política galegófoba da sua empresa.
Despois de ler em vários médios de comunicaçom que o seu estabelecemento discrimina os falantes de galego -a língua que falo desde os 17 anos- envio este email para lhes comunicar que me sinto indignado com cidadám e que farei todo o posível para dar a conhecer esta imensa falta de respeito cara ao idioma próprio de Galiza e, por suposto, cara a umha persoa despreçada, humilhada e discriminada por raçom de língua.
Inaceitável!
...
ANÍMATE TÍ TAMÉN
centro@base.net
marketing@base.net
verbalizado por
Mer
5
apertas
08/07/2009
Semana 18 do embarazo

Xa na semana 18 do embarazo o bebé pode bostezar e facer xestos faciais. Incluso poderá ter hipo. Xa lle funcionan as cordas vocais e podería chorar. É posible por fin empezar a sentir os movementos do bebé porque empeza a patear e mover as súas mans con máis forza (sentín por dentro da barriga, á altura do embigo, coma cando alguén peta cos cotenos amodiño nunha porta -toc, toc, toc). Os seus ollos e as súas orellas xa alcanzaron a súa ubicación definitiva esta semana.
O estómago empézalle a funcionar arredor da semana 18: o bebé traga fluído do líquido amniótico para exercitar o aparato dixestivo.
Ademáis os osos do oído interno e as terminais nerviosas do cerebro desenvolvéronse o suficiente. Pode empezar a escoitar sons coma os seus latexos ou o traxecto do sangue a través do cordón umbilical. Seguirá crecendo esta semana aínda que a un ritmo máis lento. Tén entre 14 e 16 centímetros e pesa uns 200 gramos.
Cerca de esta semana 18 de xestación fanche unha segunda ecografía, segundo a matrona a máis importanto do embarazo e tamén a que dura máis tempo, entre 20 e 30 minutos (teño vez para o 30 de xullo). Nela analizarán a anatomía o bebé o seu ritmo de crecemento, que todo está ben formado e conectada cada cousiña co que tén que estar conectada, ata miran que os vasos sanguíneos estean ben. Esta eco serve para predecir posibles complicación. Crucemos os dedos.
verbalizado por
Mer
2
apertas
03/07/2009
24/06/2009
03/06/2009
nin os médicos se poñen dacordo

O xoves fun ao tocólogo e mandoume facer a amniocentesis. Teño vez para o 30 de xuño. A mín non me fai nin pizca de gracia, pero resulta que nacín 5 meses antes do que debera, xa que o meu cumpreanos FOI ONTE, cumpro os 35 dentro do embarazo, se os cumplise a finais de novembro ou principios de decembro non me farían a proba anteriormente citada.
Antonte fun facer unha ecografía ao xinecólogo. Un médico súper-guai, xiroume o monitor e foime explicando todo o que vía ( á miña irmá e á miña cuñada non lle deixaban ver nada, dicíanlle que o monitor non xiraba e tampouco lle comentaban nada se elas non lle preguntaban, a mín xenial ata me amosou que o bebé tiña as pernas cruzadas, é me dixo que o fémur medíalle 9 mm. -¿ 9 mm.? ¡ miña nai querida!-).
Logo da eco comentoume que "pronto me farían a proba dos cromosomas, ¿ non?" Eu díxenlle que non, que me mandaron directamente a facer a amniocentesis, a pesar de que eu prefería facer a dos cromosomas e así llo fixen saber á tocóloga, e se esta saía mal, facer a da amniocentesis, pero en caso de saír ben xa non facer a amniocentesis. Entón díxome él: "ao saír de aquí, vas á porta 15, falas coa túa tocóloga e pídeslle para facer a proba dos cromosomas, porque esta decisión tén que ser túa".
NOTA: Para quen non o saiba, a amniocentesis faise cando pola idade pode nacer un bebé con síndrome de down, pero na proba dos cromosomas tamén se pode ver, pois as persoas con síndrome de down teñen unha copia extra do cromosoma 21. Se a proba dos cromosomas sae mal, fanche a amniocentesis para certificalo, que se fai pinchándoche a barriga cunha agulla algo longa e extraendo líquido amniótico para analizalo
Nin corta nin perezosa fun falar coa tocóloga. De entrada púxome moi mala cara, logo díxome que era o protocolo que se seguía e que ela xa sabía que seguramente eu teño medo porque no consentimento informado que debo firmar pon "non se descarta que tra-la proba ocorra un aborto espontáneo ou un parto prematuro", ademáis que é doloroso e en xeral considérase algo perigoSo. Pero seguiume dicindo que ESTE É O PROTOCOLO e eu fago o que manda o protocolo, estamos intentando que non se faga esta proba ata os 37 anos porque hoxe en día é algo absurdo pero é o que agora mesmo hai que facer, o que pasa que se cada un se metera no seu (non recordo exactamente a frase, pero era algo alusivo á información que me acababa de dar o xinecólogo que me fixo a eco).
Eu recunquei réplica: "Pois este protocolo non é igual para o todo o mundo porque a miña cuñada (a irmá de Pablo), tén 37 anos, fixéronlle a proba dos cromosomas e como lle saiu ben non lle fixeron xa a amniocentesis" ( tamén conta que nin ela nin eu temos antecedentes de síndrome de down na familia)
A tocóloga retorceu o fuciño e díxome con cara de súper-enfadada: "Bueno, voucha mandar facer pero como algo excepcional, vas o día 15 ao teu centro de saúde a que cha fagan. Eles envíanos a nós os resultados que estarán en 8 ou 10 días. Para saber se saíron ben tés que chamarnos porque nós só chamamos se sae algo mal e ao mellor non te chamamos con tempo para facer a amniocentesis. Chámanos sobre o día 25 para se non queres logo facer a amniocentesis anularche a cita".
A irmá de Pablo vive en Catalunya e alí, segundo o seu protocolo, fixéronlle primeiro os cromosomas (a análise triple esa) e como saiu ben, xa nada máis. Aquí non, ¿ será polo custo?
Seguiremos informando.
verbalizado por
Mer
3
apertas
30/05/2009
MI PEQUENO TESORO
EN ESTADO DE BOA ESPERANZA
Dise así cando estás embarazada.
Este é o meu estado actual.
O/A bebé xa mide 7 cm. e medio, está tan formado que incluso os seus mini-dediños teñen os 27 ósos e pegadas dixitais únicas e irrepetibles.
Xa pasaron as 12 primeiras semanas temidas e cheas de mareos, cansancio, sono e tódalas molestias típicas. Sorte de ter ao meu carón a persoa máis cariñosa do mundo, que me coida e me mima infinitamente.
É unha experiencia moi fermosa, vívese con ilusión á vez que con medo a que as cousas non saian tan ben como queremos.
Aínda non sei o sexo pero acéptanse propostas de nomes. De momento teño os seguintes:
Abril, Laura, Iago, Marcelo e Breogan.
verbalizado por
Mer
10
apertas
20/05/2009
Meme libros
Veño do blogue de Ana. Gustoume este meme que decidín facer tamén eu.
O libro...
- que nunca rematarei: La hermandad de la sábana santa
- que teño pendente de rematar: Los que susurran (estou con el)
- que me decepcionou: Ensaio sobre a cegueira (non me gustou o final)
- best seller que non teño o máis mínimo interés en ler: La catedral del mar
- que me gustaría volver a ler: Los Miserables
- que me emocionou: El retrato de Dorian Gray (lino na adolescencia e impactoume)
- pendente que seguro que lerei algún día: moitos, non podo enumerar, vou facendo o que podo
- que me gusta ler sempre: Unha recopilación de Poesía de España que teño na casa, que tén poesía galega, vasca, catalana (no seu idioma), ademáis do resto de España. Gústame collelo de cando en vez, abrir páxinas ao chou e ler.
- que me gustaría que me regalaran: calquera novela histórica ambientada en Rusia na era stalinista, gústame o tema e non é moi doado atopalos
- que recomendaría: Los que vivimos
- que me sorprendeu: Maus
verbalizado por
Mer
6
apertas
14/05/2009
Outra de médicos

Preciso un xinecólogo privado que consulte os venres pola tarde.
Chamo a varios ata que dou con un.
Secretaria: Con que veñas ás 17.55h é suficiente.
Eu: ¿? ¿ Non me vas dar vez para ningunha hora?.
Secretaria: Non. Collemos xente de 17 a 18h e a partir das 18h. empezan as consultas
Eu: ¿?$%&¿? ¿ Quéresme dicir que teño que ir para ahí e sentarme a esperar?
Secretaria: Non é para tanto. Se vas á seguridade social cantas veces che dan vez para as 8 e non che atenden ata as 9.30
Eu (o meu pensamento, non o dixen, aínda que quedei con ganas): Perdoe vostede señora, pero vou pagar 100 € por esta consulta.
Deixeino por perdido. Xa atopei outro.
verbalizado por
Mer
6
apertas
13/05/2009
Unha de médicos

A miña irmá estivo todo o fin de semana con 39 e medio de febre. O luns foi ao médico de cabeceira.
Gripe. Paracetamol e para casa.
LUNS POLA NOITE: estaba aínda pior. A urxencias. Infección de orina que xa chegou ao riñón. Fixéronlle unhas placas, déronlle antibiótico e mandárona para casa.
A febre non baixa.
MARTES: en urxencias outra vez. Por fin a alguén se lle dou por facer unha ecografía. Sangue no riñón. Ingreso.
***
Resulta que empezou con que ao seu médico de cabeceira di que non lle pudo explicar nada porque estaba consultándoa a ela e a un señor ¿? ¡ALUCINO!.
Sempre dixen que este médico non valía máis que para dar baixas e éche a verdade. Na miña familia xa tivo moitas destas. Eu non vou a él.
Este doutor non che mira, pero nunca, polo que o paciente pode enviar á muller, ao marido, a quen sexa, e a persoa que vaia lle di: A miña muller non veu porque se atopa moi mal, tén xxx e precisa a baixa. Fírmalla e xa está. Logo sempre envías a alguén a polo parte de confirmación e podes estar meses de baixa sen que che pase nada. Seino certo por xente achegada a mín que o tén feito.
***
A mín estes comportamentos déixanme patidifusa.
Uns por moito e outros por pouco. O que sí tiña que pasar era que cando ingresas nun hospital a baixa a curse directamente internamente a seguridade social porque ¿ e se tí non tés a ninguén preto que cho poida facer ou simplemente non llo queres pedir a ninguén?
***
Dame noxo e estou enoxada. Fan o que queren e a ver quén lles di nada.
verbalizado por
Mer
3
apertas
08/05/2009
Relaxante ponte do 1 de maio: Ribadeo
Precisábamos de relax e o tivemos.
No Hotel Balastrera estivemos ben, fermoso e acolledor, mágoa da súa situación pois aínda que está céntrico, atopámolo rodeado de altos e novos edificios, cercado por feísmos varios.
Aínda así, como podedes ver nas fotos, o hotel está xenial. Tamén tén un restaurante recomendado pola Guía Michelín, no que ceamos coma reis.
NOTA: Aínda que na páxina web do hotel e na de Turgalicia o prezo é de vértixe, a nós costounos 50 € noite polo cuarto dobre.
Aproveitamos a estacia para visitar Ribadeo, a praia das Catedrais, Taramundi, e á volta Mondoñedo ( qué explotadiño teñen o do Rei das Tartas, arrecarallo, tódolos negocios se chaman igual)
Xa andamos a planificar a próxima curta viaxe, que non será moi lonxe no tempo, xa que en xuño é o meu cumpreanos e haberá que celebralo facendo algo especial e espacial.
Foi unha sorte que estes días que alí pasamos fixo bo tempo. Tamén había unha feira de queixos e viños na praza do pobo, pola que pasamos a probar un pouco de todo. O eslogan: Con pan, queixo e viño faise o camiño"
Taramundi decepcionoume en gran medida. Salvo o das navallas (e non o sei moi ben) o resto é todo puro marketing, estratexias comerciais que tratan de vendernos coma propio o que podemos mercar en calquera outro lugar. O museo do telar unha estafa. En fin, que eu non o recomendo.
En Ribadeo gustóunos moito a Illa Pancha, cos seus dous faros. Aínda que non sei moi ben porqué se xa había un faro de hai dous séculos, tiveron que construír outro nos anos noventa en vez de restaurar e actualizar o que xa estaba.
verbalizado por
Mer
6
apertas
28/04/2009
Gripe porcina: U.V.G.V. (Unión de Virus de Gripes Varias)
Co conto da nova enfermidade, onte explicaba na tele un doctor erudito no tema, cómo foi o desenvolvemento da mesma, ata chegar ao que coñecemos.
Parece ser que se xuntaron no corpo dun porco virus de gripe aviar e humana, o que deu lugar a un virus híbrido de "alta patoxenicidad" e doada transmisión entre os humanos.
Ao ser un virus novo non se pode saber a ciencia certa cómo será o seu comportamento e, aínda que tén unha porcentaxe moi baixa de mortalidade, a OMS xa elexou o nivel de alerta sanitaria.
MORALEXA: A unión fai a forza (xa o dicían os romanos), e parece que ata os animais e organismos máis cativos do noso sistema o entenden, menos nós, os Homo Sapiens.
verbalizado por
Mer
9
apertas
23/04/2009
21/04/2009
Preludio
Parecía que ía pasar este mes de abril sen pena nin gloria ata que atopei estas cores no ceo, preludio seguro de algo bo.
Cansos do tempo ou da falta del, odiando o traballo mentras da-las gracias por telo, rindo por non chorar e chorando de risa.
Observamos este arco da vella, que existe pola mestura da choiva co sol, porque os polos opostos atráense, sempre hai un roto para un descosido e non hai mal que por ben non veña.
verbalizado por
Mer
6
apertas
06/04/2009
Sementando praceres que non se pagan
(Foto de El Huerto Escolar)
Estes días andiven algo desconectada do mundo blogueiro. Pola semana sen tempo e o soleado fin de semana adicado a tarefas ao aire libre.
Estivemos sementando e prantando hortalizas varias.
Primeiro tivemos que pechar esa parte da leira para que a cadela non vaia meter o fuciño. Puxemos unha alambrada con estacas de madeira.
Polo momento fixemos 9 caballóns (coma os da foto), de 1 metro de ancho por 8 de longo.
Prantamos: leitugas en pranta e en semilla (verde e roble), cenorias, repolo, porros, espinacas, acelgas, xudías, chícharos, brécol, melóns, calabacíns, cebolas (aínda que é un pouco tarde xa), remolacha e fabas catalanas.
Fixemos algúns experimentos. Puxemos 2 caballóns de xudías. Un deles con "cama quente", é dicir, botámoslle esterco por riba da terra, unha vez prantada a semente, e no outro, mesturamos o esterco coa terra e despois prantamos. A ver cal da mellor resultado.
A cama quente tamén lla puxemos aos calabacíns e aos melóns.
Temos sitio para 3 caballóns máis que estamos reservando para os pementos de Padrón, tomates e outro tipo de acelgas, coa penca máis grosa.
Tamén fixemos uns semilleiros de acelgas e espinacas, para trasprantalos máis tarde.
E entre isto, a piscina, o traballo, a familia e o día a día, ando a cen. Unhas veces por moito e outras por pouco.
En fin... a ver se a colleita é boa, que é un pracer baixar á horta e cortar a leituga para comer no momento.
verbalizado por
Mer
13
apertas
30/03/2009
25/03/2009
Seguimos cos recordos

Debo estar morriñenta da vida enteiriña, porque últimamente ando a recordar "tempos pasados", que para mín non foron mellores nin peores que os actuais, simplemente moi diferentes.
Pois hoxe quero falar dos deportes que fixemos ao longo das nosas vidas.
De cativa, ata os 13 anos, facía natación, pero só no verán. As miñas actividades extraescolares durante o curso non estaban adicadas a ningún deporte.
Máis ou menos aos 12-13 anos empecei a facer piragüismo. Ata os 17-18. Gustábame e había moi bo ambiente entre os que o practicábamos. Ríamos moito cos partidos de kayak-polo. Jaja, ata teño unha medalla, tiña máis de divertido que de competitivo.
Logo disto estiven unha tempada indo a correr. Recordo que ía soa, ademáis que estivese onde estivese, deixaba todo porque chegara a hora de ir "facer footing". Só corría media hora, pero penso que era dabondo para alomenos mover un pouco o corpo.
Aos vinte e pico metinme en aeróbic/step/fitness. Moi ben. Estiven moitos anos. Deixeino hai un par de meses aínda que penso que non definitivamente porque gústame de verdade.
Dende hai mes e pouco cambie o aeróbic pola natación. Agora é o deporte que fago. Apetéceme máis, sobre todo pola maior flexibilidade de horarios e lugares nos que o podes facer. Estés onde estés, mal será que non haxa unha piscina preto.
Isto a parte das camiñatas das fins de semana. ¡ Hai que coidar o corpo!
Non son unha gran deportista nin nada diso, pero como teño un traballo totalmente sedentario, algo hai que facer.
¿ E vós qué deporte facedes agora ou fixéchedes no longo da vosas vidas?
verbalizado por
Mer
10
apertas
17/03/2009
Recordos da infancia
Últimamente teño atopado compañeiros e mestres de cando ía á escola que me fixeron recordar os xogos nos que participaba, as actividades extraescolares que facía, cancións que cantábamos mentres estábamos na fila para entrar despois do recreo, etc...A verdade é que había moitas cousas que tiña esquecidas.
Os xogos que máis me gustaban eran o brilé e a goma. Á goma xogaba ben, pero no brilé era malísima, e levaba cada balonazo de aúpa.
Como actividades extraescolares ía ao coro "Picariños", que xa non existe. Era un coro formado por rapaces e rapazas en idade escolar e íamos cantar a certames, outras escolas, actos varios, misas e mesmo unha vez fomos a TVG.
Tamén toquei a frauta tenor durante moitos anos, ás veces acompañando ao coro anteriormente mencionado. Esta frauta era polo menos o dobre de longa que a frauta normal e de groso máis ou menos coma un vaso de tubo. Coas miñas cativas mans case non chegaba aos buratos.
Ademáis, fóra da escola, durante as fins de semana ou nas vacacións, xogaba cos meus veciños a xogos moi diferentes: ao fútbol, á pedra, a subir nas árbores, as canicas e claro, tamén ao escondite.
No verán era un patiño. Ía á piscina e ao río, a clases de natación e a piragüismo.
Qué recordos.
verbalizado por
Mer
9
apertas
09/03/2009
Frío vai, frío ven


A Pancha, tan independente ela, pasou o inverno durmindo na leira da casa. Tumbábase entre as xestas que medran aló enriba debaixo dos carballos ou debaixo do ceanothus, pero a pasada noite entrou para o garaxe e cando baixamos cerrar a porta non se ergueu coma fai sempre, que para non quedar dentro en canto nos ve baixar sae disparada, se cabe, agachou máis a cabeza e deixámola que ficase dentro.
Logo acordamos. Houbo estes días ahí atrás nos que fixo tan bo tempo que xa lle empezou a caer o cabelo. Vai deixando o rastro por onde pasa. O que lle cae parece lan de ovella e algúns paxaros aproveitano para levalo aos seus niños, aínda que penso que de momento facíalle boa falta a ela. Agora ten algo de frío.
Este frío vai, frío ven, vóltanos tolos a todos e a natureza non ía ser menos.
verbalizado por
Mer
6
apertas
Crónicas do bus VII: Conversas surrealistas

A: O día 26 opéranme, colle os días que che correspondan.
B: Por unha irmá non me corresponde ningún, só se morres.
A: Pois cadrábache ben porque o 26 é un xoves.
...
Nai de A e B: Si home, mira tí, cadráballe ben. Total, para botalos días no tanatorio...
verbalizado por
Mer
1 apertas
04/03/2009
Contos das palabras: testificar

Disque a palabra testificar empezou a usarse na época dos romanos, porque cando tiñan que dicir a verdade nun xuízo, en vez de xurar enriba da Biblia como hoxe en día, facíano apretándose os testículos coa man dereita.
Por outra banda, "testículo" ven de “testiculus” composto de “testis” (testigo) e do sufixo "culus" que é usado como diminutivo. Así que os testículos son os "pequeños testigos".
verbalizado por
Mer
1 apertas
03/03/2009
Vexo perigar o noso litoral

Periodista: –¿Cambiará la Ley del litoral?
Feijoó –Es que no hay Ley del Litoral. Hay falta de ordenación y paralización. La tierra es para vivir, no para destrozarla, pero entre destrozar el litoral y no usar una de las zonas de mayor rentabilidad hay un paso enorme.
verbalizado por
Mer
3
apertas
02/03/2009
Pensamentos tra-la reflexión e o que se escoita pola rúa

Touriño dimitiu e eu escoitei: Mira o Touriño, coma perdeu, dimite, en vez de estar ás duras e ás maduras, agora que non vai mandar, marcha.
A persoa en cuestión dicíao coma enoxado.
Pois para mín é unha actitud loable e o que os Secretarios Xerais dos Partidos deberan facer sempre. Ao non ser capaz de levar á victoria ao teu partido, ao non ter a confianza dos electores, ao non ser esa persoa que os cidadáns queren coma dirixente, dimitir dignamente, sen esperar a perder catro veces antes de darte por vencido.
E aparte disto comentoume unha amiga: mira xa non sei se o que me da máis medo é o castelán inmediato que lle saiu a Feijoo no seu primeiro discurso de presidente, estaba tan nervioso que se lle notaba á legua que non tiña nada preparado, co cal supoño que non contaba con gañar, a ver se agora resulta que tampouco tén preparado o plan de goberno.
verbalizado por
Mer
4
apertas
ATENCIÓN!!!

Sinto o retraso. Farei o sorteo esta noite e publicareino mañá.
Podería dicir que foi unha fin de semana complicada, pero tampouco foi así. Non sabemos que pasou. O venres saímos a cear en Compostela (Mesón do Pulpo-Vista Alegre). Deitámonos sobre as 12 da noite e levantámonos arredor das 8.30h o sábado.
Pois o sábado tumbámonos un anaco por riba da cama ás 19h. e quedamos a durmir ata o día seguinte. Incríble pero certo. Espertábamos de cando en vez pero non éramos quen de abrir os ollos, tíñamos ben pegadiñas as persianas.
Como canta a miña irmá... "foi o viño, miña nai"
E como dicía a miña avoa cando alguén durmía moitas horas seguidas... "tés o sono da morte"
verbalizado por
Mer
2
apertas
23/02/2009
Meme das larpeiradas

Pois aquí estou co conto do meme-larpeiro, convidada por Carlos Sousa.
Non vivo nin son dun lugar no que exista algunha larpeirada tradicional, polo que me foi bastante difícil decicir o premio do sorteo.
Os productos polos que me inclinei son artigos dalgún xeito especiais para mín e/ou a miña familia, que aproveitamos para mercalos cando imos á aldea, nunha tenda desas de toda a vida, onde a miña avoa paterna tiña por costume facer a compra.
Unha das cousas polas que meu pai tolea e non pode pasar sen mercala cada vez que vai alá son os chicharróns. Son uns chicharróns sabrosos e pouco grasentos, pódense comer fríos, do tempo ou quentes (a mín gústanme do tempo).

Outra das especialidades desa cativa tenda, é un preparado de especias para facer unha boa pota de callos, mesturadas por eles mesmos , que tamén entran no sorteo.

E para rematar, tamén sorteo unha botelliña de Marqués de Vizhoja, que é o branco que a mín máis me gusta.
Como en todos... o número do sorteo por riguroso orde de chegada á liña de comentarios e o gañador saberase o día 28.
Pásolle o meme á Fada, a Libertad e a Paidovento, que penso que aínda non están nomeados ou a lo menos se o están eu non vin os seus memes por ningures.
¡¡ SORTE !!
verbalizado por
Mer
24
apertas
18/02/2009
Fin de semana rural 2ª parte: Reserva Natural Integral de Muniellos
A Reserva de Muniellos está integrada no Parque Natural de las Fuentes del Narcea, considerada unha ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) e declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO no ano 2000.
As visitas son restrinxidas, só se permite a entrada a 20 persoas ao día, previa autorización do Goberno de Asturias. A petición de visita pódese facer por mail ou tfno. Máis info aquí.
A paisaxe ofrece unha gran variedade de matices, coas súas carballeiras, zonas de turberas, faias, etc… Ao empezar a ruta circular, podemos observar gran cantidade do chamado carballo albar, bautizado así debido á súa branca corteza. Este carballo é moi apreciado no sector madeireiro xa que os seus troncos medran robustos, longos e moi rectos.
A Reserva tén un alto valor pola súa flora, xa que nela medra a que está considerada coma a carballeira máis importante de Europa, ademáis de existir máis de 500 variedades de líquenes (que disque ten que haber un ecosistema moi puro para que medren tantos e tan variados). En canto á fauna hai que destacar a presencia do oso pardo, o pito do monte (urogallo), a nutria, o corzo, o rebeco e o lobo, que se extenden por todo o parque natural.
Gustoume atopar unha ruta apta para discapacitados, á que se pode acceder en cadeira de rodas e cos paneis informativos en Braille.
verbalizado por
Mer
7
apertas
17/02/2009
Fin de semana rural 1ª parte
Tras barallar diversas opcións, unha vez consultada a rede, a relación calidade/prezo da Casa Mario convencéunos, e non nos equivocamos. A casa é cómoda, acolledora, relaxante, silenciosa e tamén fermosa, como podedes ver nas fotos.
.
Estábamos cansos pois foi un día de madrugón, pero non fomos durmir ata cear a empanada regada co Mencía que mercáramos pola tarde.
.
Noite de moito sono e agradábels soños.
.
Ao espertar esperábanos un apetitoso almorzo co que coller forza antes de ir facer unha rutiña, que vos amosarei no seguinte post.
verbalizado por
Mer
4
apertas
15/02/2009
Lonxevidade

Un estudio recente da USC e a Consellería de Traballo (non sei por qué a devandita Consellería fai estes estudios), chegou á conclusión de que a esperanza de vida en Galicia sobrepasa a media española, chegando aos 81 anos, contando así os galegos cunha esperanza de vida similar aos suizos e islandeses.
Se ademais se fai distinción de sexos e contémplase que as galegas teñen unha esperanza de vida de 84 anos, supérase á totalidade das nacións europeas.
A maior esperanza de vida en Galicia é unha constante ao longo de todo o século pasado. No ano 1900 situábase en 40 anos mentras que no resto de España eran 35.
Dame arrepío pensar que hai cen anos eu estaría a punto de morrer de vella.
En só 100 anos duplicamos a lonxevidade do ser humán. ¿ Ata onde chegaremos?
verbalizado por
Mer
4
apertas
12/02/2009
Última lectura: Verónica decide morrer

Na desesperación de ter unha vida equilibrada, Verónica decide prescindir dela antes de entrar na decadencia.
Pero cando estamos case mortos, cando xa non hai tempo, atopamos mil motivos para querer seguir vivindo.
É curioso cómo somos e sentimos os seres humáns, posuímos cousas que non apreciamos ata que desaparecen das nosas vidas.
verbalizado por
Mer
4
apertas
09/02/2009
Visita a Bragança
A parte nova da cidade é bastante feucha, se ben o castelo e os seus arredores ben valen a visita.
O castelo amurallado data do século XII e nel podemos atopar a Torre da Princesa, a Torre do Menagem (que actualmente alberga un museo militar), o Domus Municipalis (disque é o único edificio románico existente na Península Ibérica e non se sabe moi ben cal era o seu uso), a Igrexa de Santa María (fermosa por dentro e por fóra), etc...
De camiño tamén podemos visitar a Sé Catedral de Bragança.
verbalizado por
Mer
3
apertas
30/01/2009
Educación para a Cidadanía

Dende que ía á escola, sempre pensei que estaría ben ter unha asignatura que nos valese na nosa vida cotiá para cando saíramos ao mundo real, ao mundo laboral, ao mundo do consumo,...
Estaba convencida de que na escola ou no instituto deberíannos enseñar os nosos dereitos como cidadáns e consumidores, explicarnos o contido da Declaración Universal dos Dereitos Humáns, os dereitos dos traballadores, etc...
O Goberno aprobou esta asignatura que tantas críticas tivo e moitas obxecións (disque 50.000 en toda España), porque algúns pais opinan que vulnera os seus dereitos como educadores. Os puntos más polémicos son o matrimonio homosexual e a identidade de xénero. Para o Foro Español da Familia, materias como os modelos de familias e matrimonio, a orientación afectivo-sexual e outras propias da ideoloxía de xénero, afectan directamente á formación moral dos alumnos, "só corresponde impartila aos pais".
A mín paréceme moi ben educar aos fillos como cada un quere, pero polo que lin no TEMARIO desta asignatura, só se lle pretende explicar aos nenos o que entra dentro da legalidade. Sinto moito que estes pais se atopen nunha encerrona, pero alégrame que estes nenos aprendan na escola (por que se os seus pais están en contra, na casa non o ían aprender), que un negro non é inferior, que un homosexual non tén que ir ao cárcere pola súa condición, que o traballo dunha muller é tan válido coma o dun home, que vivimos nun país democrático, ¿ qué significan os impostos?, ¿ por qué teño que pagalos?, a convivencia de culturas distintas nunha sociedade plural, o rechazo ás discriminacións, etc...
De tódolos xeitos o que é e o que realmente se impartirá está á libre elección de cada centro escolar.
verbalizado por
Mer
2
apertas
29/01/2009
Vivimos na ironía constante
Leo hoxe A Voz de Galicia, e atópome estas dúas noticias seguidas, unha debaixo da outra, unha de cal o outra de area, ou mesmo as dúas de area.
Ao primeiro, unhas declaracións de Fenosa nas que, como podemos ler, chámanos comprensivos, que é o políticamente correcto, por non dicirnos parvos directamente. " Cos galegos non nos preocupamos que os podemos manexar ben"
Logo desta, alguén no diario quixo confirmar, mediante a noticia dos beneficios da empresa: "Sí, mirade o parvos que somos. Fenosa non está a tomar as medidas de emerxencia debidas - se o caos desbordou, as medidas desbordantes terían que ser-, moitas das liñas que se estragaron xa non estaban ben, as subvencións que recibiu da Unión Europea para o enterramento das liñas non se adicaron a este cometido, pero segue aceptando subvencións e axudas (agora mesmo por exemplo, as cuadrillas forestais da empresa pública Seaga, deixaron de facer o traballo que estaban a facer nas leiras do Bantegal e limpan os camiños que transcorren debaixo das liñas de alta tensión. Que contrate Fenosa xente para facelo, que estamos en crise e hai moita xente no paro). Ademáis a factura da luz sube máis que o IPC, facturarán cada mes en vez de cada dous -isto non significa que pagaremos menos, todo o contrario, é coma as subas dos prezos dos aparcamentos-. Pero en Fenosa poden estar tranquilos. Os galegos non protestaremos, somos comprensivos."
¿ E aínda nos din OPINA?
verbalizado por
Mer
3
apertas
20/01/2009
Medidas sociais
Só o 20% das mulleres dan o peito aos seus fillos ata os seis meses, aínda que é o recomendable
Ver Beneficios da lactancia materna
En España tés dereito a 16 semanas, mentras en Noruega son ata 52 semanas e en Suecia 96.
Isto sí que son medidas sociais.
O dos 2.500 euros estivo ben, o malo é que ¿ quén os cobra? todo o mundo, os Thyssen incluídos, por poñer un exemplo de quen non os precisa.
Según o artigo de referencia entre o 80 e o 90 % das mulleres, dan o peito aos fillos ata os 3 meses. Isto quere dicir que hai a intención pero non o tempo suficiente. Empezas a traballar, madrugas, prepáraste tí e ao neno para deixalo na gardería de turno mentras traballas, según o turno que fagas, claro, porque como empeces a traballar ás 7 da mañá, xa che vexo contratando a alguén ou pedindo favores para ter quen quede co neno ata que a gardería abra.
E logo a ver cómo vai o día. Podes vivir soa ou en parella, en todo caso e con sorte tras esta crise, el tamén traballará, e así andaredes os dous a cen para deixar un pouco organizada a casa, facer o xantar, a cea, a colada,... case non tedes tempo para ver ao voso fillo ¿ cando lle vas dar de mamar?
Pero por suposto, entendo que sexa moito máis importante subir o orzamento militar, que os ministros asistan a xuntanzas con 30 asesores e se aloxen todos en hoteis de 5 estrelas e lles paguen unhas dietas de vértixe, que con fondos públicos se subvencionen espionases con fines políticos e electorais,... entendo que é todo máis importante que o máis importante.
verbalizado por
Mer
4
apertas
09/01/2009
Stress estático
verbalizado por
Mer
6
apertas
31/12/2008
FELIZ ANINOVO
verbalizado por
Mer
6
apertas
29/12/2008
Feliz 30 anos, Constitución
Sinálase como día da Constitución o 6 de decembro porque foi o día na que se aprobou en referéndum polos españois. Neste día votouse por ela, a maioría sen saber moi ben o seu significado nin os cambios para ben ou para mal que suporían no país.
Entre os dereitos que nos concede, imos resaltar algúns que coido que hai quen os olvidou ou pensa que non existen, máis que nada para que non queden no pasado.
Artículo 14.
Los españoles son iguales ante la Ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.
Todos tienen derecho a la vida y a la integridad física y moral, sin que, en ningún caso, puedan ser sometidos a tortura ni a penas o tratos inhumanos o degradantes. Queda abolida la pena de muerte, salvo lo que puedan disponer las Leyes penales militares para tiempos de guerra.
verbalizado por
Mer
4
apertas
18/12/2008
É máis rico o que menos precisa que o que máis tén.
verbalizado por
Mer
4
apertas
15/12/2008
Días de inverno
Case é de noite.
As temperaturas baixaron e a sensación térmica baixou aínda máis, debido ao vento.
Estivo chovendo a mares, granizando e mesmo nevando nalgún que outro recuncho.
Na tele non paran de saír novas sobre o tempo: a neve, o frío, os quitaneves, os coches con cadeas, os portos de montaña, os camións parados, as autopistas bloqueadas, os accidentes múltiples,...
Señores e señoras, membros e membras (non, non o esquecimos), permítanme comentarlles que estamos na antesala do inverno, no que entraremos en breve.
O extraordinario sería que a estas alturas do ano, o termómetro marcara 30 graos.
Por favor, non nos queixemos tanto ( aínda que se podía poñer máis empeño para non deixar paralizado un país por catro copos de neve, ¿ qué fan entón en Alemaña, Noruega,...?)
verbalizado por
Mer
2
apertas
11/12/2008
2ª crónica dun longo fin de semana que se fixo curto: domingo 07/12/2008
Despois dun café e dúas tostadas ás 9.30h. saímos cara Puebla de Sanabria.
O castelo de Puebla de Sanabria e os seus arredores son verdadeiramente fermosos. Parece que estás dentro dun conto de fadas.
O castelo elévase sobre un cerro rochoso dominando o val do río Tera. Está integrado nas murallas e asentado nun primitivo pobo celta.
Construiuse no século XV, sobre unha torre antiga do século XIII, pertencendo a un grupo de fortalezas construídas en Galicia e Portugal, que se caracterizan por ter unha gran torre no interior do recinto amurallado.
Qué pracer escoitar aos nenos que por alí andaban, berrando súper emocionados: ¡ Veña! ¡ Vamos! ¡ Todos ás mazmorras!
verbalizado por
Mer
1 apertas
09/12/2008
1ª crónica dun longo fin de semana que se fixo curto: sábado 06/12/2008
Amencemos en San Martín de Castañeda (Sanabria) co própósito de facer unha ruta de sendeirismo.
Fixémola, se ben o tempo non acompañou demasiado e xa de camiño púxose a orballar.
Ruta: Cascadas e Laguna de Sotillo
verbalizado por
Mer
4
apertas
05/12/2008
Feliz Fin de Semana
Foto Mer, Parque de Bonaval, Santiago de Compostela
Estes días ando algo falta de inspiración, tamén é que estou cansadiña por mor da tensión baixa que me deixa baldada ( aínda que o meu médico di que é un seguro de vida)
Debido a isto, vou aproveitar o inicio deste longo fin de semana para publicar un post para o que non preciso pensar moito: enviaros o meu desexo de que o pasedes de luxo e moito coidadiño co coche.
verbalizado por
Mer
3
apertas
28/11/2008
Crónica dunha noticia inusual
No suroeste de Inglaterra un concello quere reducir as lesionadas bébedas con tacóns altos durante as festas do Nadal, por isto a policía levará bolsas con chancletas para poñelas a disposición deste tipo de viandantes ou vitaconantes que vexa zigzagueando.
Máis aquí...
verbalizado por
Mer
5
apertas
26/11/2008
Compostela: Bonaval e arredores
O parque de Bonaval, no barrio de San Pedro, é un fermoso lugar no que saír a pasear en Santiago. Limpo e coidado, estes días deixábanse ver nel as pegadas do outono. Gustoume o sistema descoberto da canalización da auga, se ben, nalgunhas partes hai tuberías de metal un pouco fóra de lugar.
A parte baixa do parque pertenceu durante moitos anos aos monxes do convento de Bonaval, onde cultivaban os seus productos. A parte alta pertence aos terreos do antigo cemiterio da cidade, que se atopaba fóra das murallas.
O arquitecto Álvaro Siza e a paisaxista Isabel Aguirre, souberon contrastar a vida da natureza, o céspede, as fermosas árbores, coa morte que asoma na visión dos nichos (aínda que estean baleiros).
Coma sempre, pasámolo coma nenos.
verbalizado por
Mer
5
apertas
24/11/2008
¿ Isto é o que se entende por solidaridade?

Cúpula da Sala XX da ONU, rebautizada coma "Sala de los Derechos Humanos y de la Alianza de Civilizaciones". Debería chamarse cada semana de maneira diferente, co nome dun español non ilustre, co nome de calquera de nós, elixido ao chou.
2 anos de traballo
20 millóns de euros
Declaracións de Zapatero: "la sala y su cúpula son un regalo de España a toda la comunidad internacional, a todos los seres humanos, a todos los países. La impresionante cúpula de Barceló es un reflejo de la España del siglo XXI, un país solidario, comprometido con la ayuda al desarrollo y contra la intolerancia, la discriminación y la pobreza".
España, ese gran país solidario. Con estas actuacións e declaracións estáselle tomando o pelo a toda esa xente que se está quedando sen traballo pola "crise" (perdón o crecemento invertido, disque agora pódese medrar cara abaixo); aos que teñen familiares dependentes e non lles chega axuda algunha; a todos os que están dende hai meses, e anos, nas listas de espera dos hospitais; aos pensionistas que cobran 413 euros ao mes, etc... ¿ Onde está a solidaridade para eles?
Isto é o que se chama ir limpar a casa do veciño tendo a nosa sen varrer
¿ A qué xogamos?
verbalizado por
Mer
5
apertas
18/11/2008
SGAE: Arquitectura moderna de beleza discutible
Fin de semana compostelano.
Unha das visitas foi ao parque de Vista Alegre. Tamén coñecido como Xardíns de Europa, Finca Vista Alegre ou Finca Simeón ( por ser este último o nome da familia á que pertencía antigamente a finca).
Ademáis de albergar no seu interior a Escola de Altos Estudios Musicais e a Casa de Europa, non hai moito inaugurouse nel a sede da SGAE (Sociedad General de Autores y Editores).
Abaixo amoso fotos do polémico edificio. Tra-las pedras existe un vestíbulo aberto que da paso á entrada principal. A parede do mesmo está feita con caixas de cds.
A idea de reciclaxe non está mal, se ben a visión de tanto plástico xunto da un pouco de arrepío.
Precisamente íamos camiño do parque cando nos atopamos na Alameda cunha manifestación en contra da SGAE, na que clamaban:
“Non son autores, que son estafadores”
Tamén aproveitamos o soleado día para xogar un pouco.
verbalizado por
Mer
7
apertas
13/11/2008
Embalse da Fervenza
O Embalse da Fervenza é a maior superficie de auga doce da Costa da Morte. Afecta aos concellos de Vimianzo, Zas e Mazaricos. Foi construído nos anos sesenta, deixando anegadas varias aldeas.
Na primeira quincena de agosto, faise unha gran festa nel que dura varios días, con actuacións das orquestas máis importantes de Galicia ata que xa é de día, e polo día unha feira de mostras de productos do campo.
A sequía do ano pasado levouno a mínimos insospeitados de volume de auga, provocando a morte de moitas das especies que viven neste fermoso paraxe. Este era os aspecto que presentaba:

foto La Voz de Galicia, 2007
Estivemos esta pasada fin de semana alí, para ser testigos da súa recuperación, e sacamos estas fotiños:
verbalizado por
Mer
3
apertas
10/11/2008
Onde van os cartos?
Onde van os cartos das subvencións? Andamos a xogar con eles?
Hai 6 anos que se construiu esta "Aula da Natureza" en Porriño, financiada con 300.000 euros da Unión Europea e 120.000 euros do Concello porriñés.
Nunca se chegou a inaugurar.
¿ Ninguén da contas disto? ¿ Non hai culpables?
Isto coñeceuse, ¿ cantas cousas deste tipo, cantos cartos descoñecidos hai no lixo?
máis aquí
verbalizado por
Mer
8
apertas
08/11/2008
Desexos
verbalizado por
Mer
1 apertas
06/11/2008
Hydnum repandum: Lingua de vaca
Tamén chamadas gamuza, pe de cordeiro, lingua de gato, seta de serrín (en Burgos), etc...

Collemos todas estas e había moitas máis. E eran grandes, puxen o móbil ao lado para comparar o tamaño. Son moi sabrosas, carnosas e compactas. Fixémolas con allo e xamón, mmm... unha delicia.
É curioso, cando atopas unha seguro que hai máis, medran facendo un carreiriño, coma miolos de pan tirados no monte formando un camiño que nos leve a algures, tal e como fixera Hansel no conto.
----------
Moito ollo!!
¿ Sabedes que hai quen utiliza os cogumelos venenosos coma setas alucinóxenas? Disque en pequenas cantidades prodúcenche ese tipo de efectos (depende de cal, claro).
A maioría dos cogumelos venenosos empezan por atrofiar o fígado, aínda que se consuma unha cantidade cativa. Hai algúns que non producen síntomas ata pasados 17 días, co que xa non hai lavado de estómago que vala.
Ademáis hai setas que non son venenosas pero en grandes cantidades ou consumidas moi seguido poden producir algún tipo de intoxicación.
verbalizado por
Mer
4
apertas
05/11/2008
Crónicas do bus VI: Soidade na 3ª idade
Eu de volta para casa ás 21.30 h. con moitas ganiñas de chegar, cear e charlar coa familia antes de ir durmir.
Dúas señoras maiores sentadas unha enfrente da outra:
- Bueno -encóllese de ombros- imos xa para casa.
- Sí
- Non nos espera ninguén
- Por desgracia non
------------------------
Se xa a xente nova, normalmente con mellor mobilidade que os maiores, atopámonos moitas veces sós, imaxinade a esta xentiña erguéndose sós cada día, sen un traballo ao que acudir que lles faga pasar as horas, sen familia ou con ela lonxe, coa tristeza da soltería ou da viuvez. O peor é o inverno, co frío non poden saír tanto á rúa a pasear, faise noite axiña e pasan os seráns na casa acompañados únicamente dos achaques da idade, que se unen á soidade da noite.
verbalizado por
Mer
6
apertas
31/10/2008
Non encontro meu país
verbalizado por
Mer
11
apertas
30/10/2008
Selva Vs Horta

Tíñamos unha selva, agora temos unha hortiña xeitosa.
Hai que ver o ben que se sente un admirando o que tanto traballo e suor lle costou, unha vez rematado o choio.
A semana pasada tiven vacacións e un dos días paseino modificando a selva da casa da aldea de miña nai en horta da casa da aldea de miña nai. Cortando a ¿herba?. Ben, había de todo ademáis de herba, unhas prantas de hortensias que xa eran árbores, non sei qué tipo de arbustos salvaxes e mesmo escombro e lixo que o porcallón do anterior "inquilino" free deixou por alí. Nunca máis inquilinos, e menos free, queda plena para o goce da familia.
Agora a coidalo. Dentro dun mes haberá que darlle outra pasadiña, aínda que a idea de ter unha selva propia atraíame. Unha excentricidade máis.
verbalizado por
Mer
2
apertas
28/10/2008
Similitudes
Gústame ler clásicos e irme atopando con similitudes na vida actual.
Xa falei da frase: Hombre de bien a carta cabal (frase aparecida nunha canción de Loquillo e anteriormente verbas de Xulio Verne en "De la Tierra a la Luna")
Hoxe: "Buenas noches, y buena suerte" ¿pero qué clase de título é este?
Las amistades peligrosas, derradeiro párrafo da carta XX (da Marquesa de Merteuil ao Vizconde de Valmont):
"Adiós, vizconde; buenas noches, y buen acierto..."
As traduccións en épocas distintas por xente diferente cambiaron "acierto" por "suerte" pero o significado vén sendo o mesmo. Ata a coma no mesmo lugar, colocada de xeito non demasiado correcto.
Pois a todos "Boas noites, e boa ventura "
verbalizado por
Mer
2
apertas
22/10/2008
Clathrus ruber

É unha seta moi curiosa.
Ao primeiro é coma un ovo ou unha bola branca, de ata 5 cm. de diámetro, na que se ven debuxados pentágonos e hexágonos. Cando madura empeza a romper por onde está o debuxo e aparece un enrexado de cor vermello.
Cheira fatal. Tan mal e tan intenso que a descubrimos por iso, estabamos camiñando e empezamos a uliscar coma peixe podre, ao momento vímola. Ademáis é un fedor deses que se che mete no nariz e as túas neuronas non son quen de olvidalo durante horas.
Estívome cheirando todo o día e conste que eu nin a toquei.
É unha especie tropical procedente de Oceanía, disque chegou a Europa xunto aos soldados australianos na Primeira Guerra Mundial.
Vive en zonas ruderais, coma bordes dos camiños, xardíns e céspedes, na Europa templada e mediterránea.
verbalizado por
Mer
6
apertas
16/10/2008
Se eu fose rico... tararírarírarírarírarírarírará...
¿ Qué 5 excentricidades faría eu se fose millonaria? Non sei se excentricidades, vou por algunha cousiña que me gustaría facer, sen máis.
Antes de nada habería que deixar claro se a condición de millonaria é repentina, xa de adulta, cunha educación de pobre-normal, ou se esta condición vén dende o berce, acostumada xa a vivir con moitos cartos e un tipo de educación seguramente moi diferente á que tiven, aínda que non por iso mellor (véase Paris Hilton)
Vouno facer dende o suposto que isto sucedera de forma repentina, xa de adulta, por que é a perspectiva na que me podo poñer no caso.
1. O meu afán de visitar lugares diferentes e coñecer diversas culturas dende dentro, levaríame a vivir durante meses en diferentes países coma se fose de alí. Uns meses na India, uns meses en Francia, uns meses en Islandia, en Exipto,...
2. Montaría unha canle de TV para os vellos, con programas tipo Doa-doa ou Alalá, que a mín encántanme e aos vellos tamén. Se hai máis xente vella que nenos ¿ por que hai tantos canles para nenos e tan poucos por non dicir ningún cunha programacion interesante para a xente da 3ª idade? Intentaría convencer á miña tía Filomena para que participase e me aconsellaxe sobre a variedade da programación, que ela seguro que o faría moi ben.
3. Gustaríame rehabilitar unha aldea, ou máis dunha. Xestionala para usala coma un refuxio para mulleres maltratadas, nenos ou algunha outra causa social, na que habería talleres nos que se lles daría, ademáis de apoio psicolóxico, clases de diferentes actividades coas que poder buscar un traballo para saír adiante por sí soas. E tentar facelo ben de verdade.
4. Pagaría por viaxar ao espacio, encantaríame ver a Terra dende fóra dela, quixera ata pisar a Lúa, plaxiar a Amstrong e deixar unha bandeira de Galiza alí espetadiña.
5. Mercaría un barco que levase á xente gratis ás Illas Cíes, que pásanse un montón co prezo, a unha familia de 4 persoas que quera ir e voltar no día, por dar unha voltiña sáelle arredor dos 70 eurazos, máis o xantar e tal...
Agora vou compartir con vós a miña sabiduría: Así é como se recoñece a un millonario

verbalizado por
Mer
8
apertas
13/10/2008
Vigo city / Sin city
Que Vigo é unha cidade caótica tódolos que vivimos nela sabémolo.
Tén moitas cousas boas pero fáltanlle eses detalles cativos e importantes.
É unha cidade porca-porca, descoidada, non fai falta ir a barrios indesexables para atoparnos lixo pola rúa, mobiliario urbán roto que pode estar así meses e meses sen que o arranxen, perigosos buracos nas beirarrúas (perigosos sobre todo para os nenos e os cegos ¿ ninguén pensa nunca neles cando deixa un moble tirado detrás dun contenedor taponando o paso dos peatóns?). Xente moi porca á que ninguén multa nin denuncia.

Teño coñecemento desta porcallada dende hai unha semana, está en Urzáiz, sí, en Urzáiz, algo tan céntrico coma se estivese en Santiago de Compostela na rúa Rosalía de Castro ou na Coruña na Ronda de Outeiro.
Ando coa cámara sempre enriba, sacándolle fotos a todo e enviándoas ao Faro de Vigo, ao 20minutos á La Voz de Galicia... fotodenuncias que enviamos moitos veciños desta cidade. Desagradable sorpresa para quen non coñece a deixadez destes lugares tan transitados.
Isto leva semanas así. Travesía de Vigo esquina Canadelo Alto.
Na Doblada, foto de Francisco Gómez
máis AQUÍ
¿ De verdade os concelleiros e máis a xente que traballa para eles non andan pola rúa? ¿ Limítanse a ir no coche, aparcar enfrente do restaurante de luxo de turno e mercar en centros comerciais sen ver ou sen querer ver a realidade da cidade?
Solucionemos os problemas internos da cidade antes de andar a loitar por cousas moito máis efímeras e superficiais.
Esta cidade fai que teña vergoña de vivir nela.
verbalizado por
Mer
12
apertas
06/10/2008
Burlas laborais
A ver de qué coño vai a xente.
Unha persoa achegada á miña familia, empezou a traballar de recepcionista nunha perruquería (imaxinar a perruquería que era para ter recepcionista, bueno, era ESTA)
verbalizado por
Mer
11
apertas
Speed test
Divertido, proba a túa velocidade mecanográfica en varios idiomas aquí
Os meus resultados foron
En galego
45 palavras
En castelán
56 palabras
07/10/2008 Voltei a facelo, pola mañanciña, que onte non tomara nota dos caracteres o resultado foi
61 palabras 462 caracteres
61 palabras correctas
1 palabra incorrecta
verbalizado por
Mer
7
apertas
04/10/2008
Recibos bancarios
verbalizado por
Mer
5
apertas
02/10/2008
Publicidade e outras historias
verbalizado por
Mer
5
apertas
30/09/2008
Meme: o derradeiro día.
verbalizado por
Mer
5
apertas
25/09/2008
Esas leis inexplicables
verbalizado por
Mer
6
apertas
24/09/2008
Leite materna
Hai unhas décadas, co destape e a liberación da muller en España púsoxe "de moda" non lle dar o peito aos fillos.
Agora, ademais de comprobarse que é moi beneficioso, parece que tamén cambiou a moda ou a forma de pensar das nais, deixándose aconsellar polos xinecólogos, matronas e pediatras sobre o que é mellor para o bebé.
Por algo somos MAMÍFEROS: animais con pelo e glándulas mamarias productoras de leite coas que se alimenta ás crías.
Parece que UNICEF arxentina está preocupada pola proliferación de nais que non dan o peito e fixo esta campaña publicitaria que atopei dando voltas pola rede. Non sei de cando é, pero pareceume idónea para compartila.
En letra pequena pon: El pecho es algo maravilloso. No sólo estéticamente. También por dentro, porque contiene el mejor alimento jamás creado para el ser humano. La leche materna inmuniza defendiendo al bebé contra infecciones y enfermedades. Contiene sustancias que jamás han podido elaborarse en ningún laboratorio del mundo, por lo tanto no existen sustitutos comprobables. El mejor alimento para su bebé está a su alcance. Y aunque tiene un valor incalculable, es absolutamente gratis.
La salud de tu bebé no sólo está en sus manos.
Dele el pecho a su hijo.
verbalizado por
Mer
1 apertas
16/09/2008
¿ Quén lle pon o nome ás cousas?

É branca con eses pequenos gránulos por toda a parte superior. Co tempo vai voltándose marrón.
Mentres é branquiña, coma a da foto, pódese comer, así que xa o sabedes TODOS A COMER PEIDOS DE LOBO!!
verbalizado por
Mer
4
apertas
15/09/2008
Voando que é xerundio
verbalizado por
Mer
5
apertas
12/09/2008
Rúa de Sempre en Galiza
Sempre en Galiza é un libro de ensaio político escrito por Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego. No libro axúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra.(wikipedia)
A ver xentiña, sobre todo compostelanos, nicrarienses, bañeses e demáis coruñeses, ¿ onde está esta rúa? non vale usar o rueiro...
Acertou Ster, indicoumo no meu fotolog. É na Choupana, preto do Hospital Clínico de Santiago
verbalizado por
Mer
4
apertas
10/09/2008
Crónicas do bus V: Xornada laboral
- Sí, sigo en Príncipe. Llevo unos cuantos meses ya, sé que es algo temporal pero con lo mal que está ahora el trabajo, me quedo ahí, ya buscaré algo más adelante.
- E logo? Non estás ben?
- Bueno, no es que no esté bien, pero no es un trabajo para toda la vida, ya sabes.
- A xente alí cambia moito, non? É un traballo “de paso”
- Sí, hay gente que viene un día y ya no vuelve al día siguiente.
- Iso tería que velo un sindicato ou alguén na administración, porque si a xente vai e vén tanto, por algo será.
- Bueno, es que también viene cada uno… Ahora entraron unas nuevas y un chico que ya para empezar es uruguayo, y tienen una cara que es para flipar… El horario es de 9 y media a 1 y media, pero claro, ya sabes, en un comercio aunque ese sea el horario, tenemos que ir 20 minutos o media hora antes para preparar todo bien y abrir tranquilamente, y al final a las 13.30 no podemos salir, no es cerrar y ya está, entre que hacemos caja y recogemos algo… Pues estos últimos que entraron no quieren quedarse ni un minuto más, vienen para abrir a las 9 y media y a la 1 y media cuando cerramos se van. ¡ Qué morro tienen! Dicen que es su horario y que como no nos pagan horas extras… ¡pero qué nos van a pagar por unos minutos! ¡joder! Ya se sabe cómo es esto del comercio, si no que trabajen en otra cosa.
Esta conversación escoiteina persoalmente onte á tarde no bus. Actitudes coma a desta rapaza son as que fan que non se lle respeten os horarios nin os dereitos a ningún outro traballador.
Se abres de 9.30 a 13.30 pero tés que entrar antes e marchar despois, en vez de enfrontarse uns compañeiros con outros, o que se debería facer é solicitar ENTRE TODOS, que o horario laboral sexa de 9 a 14 h, que estea contemplado nos contratos e pagado, por que empézase por quedar un minuto máis e acábase traballando xornada completa con contrato de media xornada.
verbalizado por
Mer
4
apertas
04/09/2008
Vacacións - Agosto 2008 - O Courel
ÁRBORES DO COUREL
A riqueza botánica das devesas logo foi descuberta polos habitantes do Courel, dando lugar a variados aproveitamentos. Cada árbore ten unha valoración popular segundo o seu uso, xa sexa práctico, estético ou relixioso.
O teixo considérase sagrado nos países de influencia céltica. Plántase como ornamental xunto a casas e igrexas, e dicíase que facía acalmar as treboadas. A súa madeira emprégase para facer os mangos das ferramentas.
A faia ten unha madeira moi boa, aínda que é pouco empregada por ser escasa. Os froitos (fous) son moi enerxéticos, aínda que non son comestibles para o home nin para os animais domésticos.
O pradairo é moi valorado e plantábase a miúdo na beira dos prados. A súa madeira servía para leña e para facer galochas (zocas).
Os dous carballos máis comúns son o carballo e o cerquiño ou rebolo negral. Os bosques dos carballos chámanse aquí reboleiras, xa que rebolo é o nome para estas árbores no Courel. Tén moitos usos tradicionais, sobre todo para madeira (trabes das casas, mangos, pezas do carro, cestos de tiras), e as landras tamén serven de alimento para os cochos. As cinzas da casca usábanse como branqueados da roupa. Pero é a leña o seu uso fundamental.
O capudre ten unha madeira dura que se empregaba para os eixes dos carros. Os seus vistosos froitos vermellos, sorbas, serven de alimento ás aves da devesa.
O acivro ou xardón sempre foi pouco valorado, xa que tiña poucos usos. As follas usábanse como último recurso para dar de comer, trituradas, a coellos e vacas. Non é raro, porén, velo plantado nos arredores das leiras como cortaventos.
O bidueiro é moi usado para fabricar as zocas ou galochas. Utilízase tamén para leña e as follas secas serven de forraxe para as ovellas.
verbalizado por
Mer
12
apertas
03/09/2008
Contos das palabras: A Garabata (Corbata/Croata)
Garabata e outras historias
Disque a orixe da garabata remóntase ao século XVII, en concreto á contenda entre croatas e turcos. O reximento croata nunha visita a París na que se presentaban ante a súa maxestade Luis XIV -que era coñecido polo seu gusto no bo vestir e nos panos- os oficiais levaban no pescozo uns panos de cores.
Á súa vez estes panos de cores proveñen dos oradores romanos que os poñían arredor do colo para quentar e coidar as cordas vocais.
A Luis XIV gustáronlle e diseñou un pano destes coa insignia real para o seu reximento e chamoulle Cravette (de Crabete = Croata). A este reximento coñecéuselle como Royal Cravette.
A idea extendeuse rápidamente. Ao principio valía caquera cousa, calquera texido e estampado, mesmo con borlas e cordóns, non existína patróns predeterminados.
As primeiras garabatas eran de importación, ata que no século XX Europa empeza a fabricalas.
O resto, usos, costumes e variedade na actualidade, xa o coñecedes.
verbalizado por
Mer
3
apertas
01/09/2008
O que fixo a lei...
verbalizado por
Mer
5
apertas
27/08/2008
Ata onte
Dende onte son tamén TÍA, dun carrapuchiño pequeniño e fermoso, dunha cativa personiña de 3,535 kg. que nos encheu de ledicia.
verbalizado por
Mer
8
apertas
26/08/2008
08/08/2008
24/07/2008
Contos das palabras: o banco
Entre tódolos bancos
-o conxunto de peixes que van xuntos; o lugar onde se conservan e almacenan órganos, texidos ou líquidos fisiolóxicos humáns; o macizo de minerais que presenta dúas caras descobertas; a extensión de terreo con vexetación arbórea que sobresae na terra chá; o de area; o de datos; o de xeo; o da paciencia (que estaba no alcázar dos navíos diante do pao da mesana); o de néboa; o de probas; etc,... disque o pai do banco como entidade bancaria, do establecemento público de crédito, constituído por accións, é o banco máis cativo e humilde: o asento, con respaldo ou sen él, no que se poden sentar varias persoas, o típico banco dos parques.
.
A súa historia éche ben sinxela.
Hai moitos, moitos anos, cando aínda non existía o banco como entidade financieira, había homes que se adicaban a deixar cartos a quen os necesitaba, a cambio da devolución dos mesmos máis unha cantidade que eles estimaran conveniente, os "intereses".
Estes homes, os prestamistas, estaban sempre nun mesmo lugar nunhas horas concretas, así quen precisase dos seus servizos, sabía onde atopalos.
Polo xeral, tiñan por costume desembolver a súa actividade sentados nos bancos dos parques e/ou prazas de pobos e cidades.
A xente cando tiña que ir pedir cartos dicía: "Vou ter que ir ao banco", referíndose así dun xeito algo menos amargo ao que por aquel entonces era unha deshonra.
Cando o negocio prosperou de forma importante e a un dos prestamistas ocorréuselle realizar este labor nun local, decidiulle chamarlle igualmente BANCO, e puxo un cartel anunciando "O BANCO", xa que así era coñecido por todos.
verbalizado por
Mer
8
apertas
15/07/2008
VII CARRILANAS ACUÁTICAS DO TAMBRE
Logo de 7 anos sen elas, recuperáronse as carrilanas acuáticas, aquelas que comezaran co club piragüista de Negreira, aquelas ás que moita xente lle adicara moito tempo e ilusión e parecían esquecidas no pasado.
Toda a xente vai ver a chegada a ponte de Ons, pero o mellor é a saída: ver como meten as carrilanas no río, as risas provocadas pola inestabilidade repentina da auga, os chapuzóns dos participantes antes de comezar o percorrido...
Na meta hai moito que esperar, os participantes chegan moi escalonados, algúns nin chegan, a espera dura horas.
Como podedes ver nas fotos, só estiven ata que chegaron os terceiros.
Máis fotos aquí
verbalizado por
Mer
6
apertas
07/07/2008
Relax
Ás veces só se necesita un pouco de tranquilidade para sorrir.
Axuda tomar as cousas con calma, empezar a gozar cos proxectos desexados, non desesperar e "carpe diem".
verbalizado por
Mer
8
apertas
03/07/2008
Cóllese antes a un mentireiro que a un coxo
verbalizado por
Mer
2
apertas
25/06/2008
Crónicas do bus IV: A coleccionista de amigos
Ao meu carón sentada unha rapaza duns 20 anos.Remexíase no asento impaciente por chegar ao seu destino: Abre o bolso, saca un libro, le un ratiño, pecha o libro, gárdao no bolso, saca unha cámara de fotos, mira fotos, de volta métea no bolso, saca o teléfono móbil, chama: “hola, vou no bus e abúrrome, cóntame algo, ei, ei, ¡merda!, case non te escoito, non teño cobertura, chámote despois”, cerra o móbil, gárdao,… abre unha axenda e vai pasando follas, miro de reollo e… ¡ alucino!, na parte superior de todas, absolutamente de tódalas follas, escrito con bolígrafo azul e subliñado cun rotulador fluorescente amarelo, pon:
“Cumpleaños de xx” (xx = María, Pedro, Juan, etc, …)
1 de xuño: Cumpleaños de María
2 de xuño: Cumpleaños de Merche
3 de xuño: Cumpleaños de Pedro
4 de xuño: Cumpleaños de Juan
5 de xuño: Cumpleaños de...
...
e así en tódalas follas
¿ Elixirá esta rapaza aos amigos pola data do cumpreanos?
- Hola, preséntome, son Xosé
- ¿ Qué día naceches, Xosé?
- O 5 de agosto
- Nada, non me vales, o 5 de agosto xa teño anotado a Ricardo. Que che vaia ben a vida. Adeus.
Logo evadinme e pensei en tódalas datas de cumpreanos que non anoto na axenda e recordo, tódolos números de tfno... lixo mental que conservo. Datas que hoxe non significan nada, cumpreanos de xente á que hai moito tempo que lle perdín a pista, tfnos. fixos que están dados de baixa, detalles cativos da infancia (aquela compañeira de mesa en E.X.B., da que non recordo o nome pero sí que non paraba de comer daquel millo salgado, todo o día masticando; aquel soleado domingo de primavera no que lucía solto o meu longo cabelo e se me achegou unha rapaza a chamarme ¡PRESUMIDA!; unha tarde de verán no medio do río facendo piragüismo no que escoitei unha moto moi preto e inconscientemente aparteime cara a beira...)
Recordos: sempre útiles á fin. Para enchernos de ledicia ou de tristeza, para recordar con agarimo ou con rabia, para chorar, para rir e sorrir, para pensar que outro tempo pasado foi mellor e peor, para amar con maior intensidade e odiar menos cada vez, para soñar.
verbalizado por
Mer
10
apertas
24/06/2008
Morren tradicións

Achegábase o 24 de Xuño, por fin ía ser San Xoan. Esa noite máxica na que as fadas, os duendes, trasnos e demáis seres místicos saen dos seus escondites e fanse visibles para os humáns por un curto prazo de tempo.
Rememoramos esas máxicas noites da nosa infancia e fomos tras elas, nun inútil intento de recuperalas, ao pobo natal dos nosos proxenitores.
Encontrámonos cun lugar totalmente cambiado.
O pobo xa non era tal pobo. Os altos edificios dábanlle máis ben un aspecto de pequena cidade. A antigua casona, propiedade dunha familia de alta alcurnia, fora sustituída por unha enorme edificación coas fiestras de espello e no seu baixo podíase ler “Bazar Chino El Mandarín”. A nosa casa que antes lindaba cunha horta polo lado dereito e coa Finca do Marqués do esquerdo, atopábase agora entre un gran almacén de mobles e a oficina central dunha franquicia de inmobiliarias de recoñecido nome.
Aquelo non era o que esperábamos atopar, non era o que desexábamos atopar, pero aquelo foi co que nos atopamos.
Onde antes medraba cada rosal coidado con esmero polo noso veciño de enfrente, había agora una praza de aparcamento, pertencente ao moderno Parking que construíran os bisnetos do finado señor (coa tarificación por minutos incluída).
Buscamos polas prazas esa fogueira tan esperada.
Na Praza Central non está, haberá que ir ver no Campo da Feira ou na explanada ao lado dos colexios. Tampouco estaba. Quedábanos aínda a posibilidade de que a fixeran no aparcamento do novo campo de fútbol ou no aparcamento da vella discoteca.
Nada.
Seguimos buscando e non encontramos ningunha gran fogueira, ningunha pequena cacharela.
Preguntamos nos bares. Ninguén sabía nada.
Marchamos para casa. Ceamos sen fogueira, sen sardiñas, sen queimada nen conxuro.
Simplemente ceamos coma calquera noite sen maxia. Decidimos saír a tomar unhas copas polas vellas tascas ou polas novas cafeterías do pobo.
¡Por fin alguén coñecido!, despois de tantas caras e cousas novas e descoñecidas naquel o noso vello pobo, ¡ por fin alguén “dos de sempre, dos de antes”!.
- Oe Xoan, ¿onde fixéchedes este ano a fogueira, que non a atopamos?
- Non fixemos. Xa non facemos. Moitos colegas marcharon traballar para fóra e as novas xeracións non están niso. Ademáis, eu xa me cansei de andar por ahí a roubar portáis, quedei na casa xogando á Play co meu sobriño.
Entón, pedín un desexo.
Nota: Afortunadamente isto pasou o ano pasado, este ano fixeron unha SUPER-FOGUEIRA-FESTAZA-SARDIÑADA para celebrar o San Xoan.
verbalizado por
Mer
8
apertas
18/06/2008
Flor da paixón
Onte de paseo co meu irmán cativo atopeime con esta flor, antes nunca vista polos meus ollos.É unha passiflora ou "flor da paixón". Éche ben bonita.
Hai máis de 500 especies desta pranta.
A passiflora é, polo xeral, unha pranta trepadora. Os froitos de varias das especies son comestibles, de excelente sabor e olor (coma por exemplo o maracuyá)
O seu nome foille concedido por Carlos Linneo, provén do latín flos passionis que significa literalmente flor do sufrimento (paixón, en alusión á Paixón de Cristo, xa que os primeiros misioneiros en América quixeron ver os instrumentos utilizados durante a Paixón nas diferentes partes destas flores).Tamén onte, sen buscar, de casualidade total, facendo outra cousa, atopei un trevo de 4 follas. Penso que na miña vida atopara un así ao chou.

Cando era nena, preto da casa da miña avoa materna, na esquina dunha finca á que íamos xogar, nacían moitos trevos de 4 follas, si queríamos un íamos alí e collíamolo. Pero isto de atopar un así sen máis, é a primeira vez que me pasa. Xa o metín nunha libretiña pequena de apuntes que levo no bolso.
verbalizado por
Mer
11
apertas
12/06/2008
Hai que joderse!!!
Burocracia.
Emitimos unha factura a unha Consellería en marzo do 2005, por uns servicios prestados.
Tras varios intentos por cobrala, xa a dábamos por un impago, logo de 3 anos.
Hoxe chámanme da Consellería en cuestión…
- Chámote en relación coa fra. x de marzo do 2005, é correcta pero non pagamos fras. atrasadas, así que terías que facerme unha fra. de este ano co mesmo importe, se non é así, non a podemos pagar.

verbalizado por
Mer
9
apertas
11/06/2008
LIBERACIÓN DE LIBROS
Coñecía o proxecto, pero nunca atopara un "libro liberado", tampouco coñecera a ninguén que o atopara ata que a miña nai encontrou un na entrada do seu traballo.
Unha iniciativa divertida, da que xa tiñamos escoitado noticias hai tempo, chamada bookcrossing.
Máis info... aquí
verbalizado por
Mer
2
apertas
09/06/2008
Tarefas da entrada do verán
Chega o bo tempo e con el a realización de múltiples tarefas ao aire libre, a tan temida "limpeza de primavera". Co cambio de estación e de temperaturas, gardamos as pesadas roupas e enseres varios do inverno para dar paso aos vestidos florais, aos bikinis, ás sandalias,... fóra o edredón que chega a colchiña lixeira... Pasaremos uns días remexendo a casa enteira... "¿ onde gardaría eu aquel sombreiro de palla?, non atopo unha varilla da tenda de campaña, ¿ e a caixa coa louza que levamos á praia?"
verbalizado por
Mer
2
apertas
06/06/2008
05/06/2008
como as cousas xa son fáciles... a administración pónnolas mellor
en Padrón... ¿ que foi antes a praza de aparcamento ou o poste?O que o fixo, ao saber do debuxiño do chan ¿pensará que aquí é onde se aparcan as cadeiras de rodas?
en Sober, na Casa da Cultura: "o ascensor como elemento decorativo"non funciona dende a súa inauguración no ano 1997
Estación de Autobuses de Lugo: acceso ao aseo para minusválidos pechado e cun banco diante
coche da policía estratéxicamente colocado para que choquen os cegos con el, tamén para deixar subir á beirarrúa con total amabilidade aos minusválidos e os carriños dos bebés
verbalizado por
Mer
6
apertas
03/06/2008
Crónicas do bus III: sensibilidade
Escoitaba a conversa entre dúas mulleres, falando do insensible que somos os humáns, do pouco que nos axudamos, da dureza dos nosos corazóns...
quedei cunha frase...
- Vemos corpos, non vemos corazóns.
Despois disto atopeime tamén no bus coa coordinadora do Banco do Tempo, que é veciña miña. Hai tempo que desexo falar del, polo que lle preguntei a ela como ía a cousa e como era o conto. Explicoume que hai arredor de 165 actividades diferentes nas que participar no intercambio de servizos. Dende mestres, que se ofrecen para dar clases de apoio, ata xente que organiza rutas de senderismo, pasando por naturópatas, psicólogos, persoas que se ofrecen para pasear con anciáns, fontaneiros, electricistas, mestres de calceta, de ganchillo,... nestes momentos alumnos da universidade de Vigo (da Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións) están a colaborar impartindo cursos de informática, nesta iniciativa que retoma aquela antiga forma de intercambio antes de existiren os cartos: o trueque.
verbalizado por
Mer
2
apertas
02/06/2008
Sempre hai unha saída

Este cartel por suposto, podémolo atopar nunha ponte en EEUU.
Se hai uns días amosei un cartel publicitario convidándonos ao suicidio, hoxe é todo o contrario, a tentativa é disuadirnos desa idea.
Traducción do carteliño azul:
ASESORAMENTO DE CRISE
Hai esperanza
Chama
As consecuencias de saltar dende a ponte son fatais e tráxicas.
---
E para que logo o tfno. estea:
Temporalmente FORA DE SERVICIO
verbalizado por
Mer
4
apertas
29/05/2008
Familia que aforra... ¿ familia feliz?
Enmarcado coma unha lápida, coma se morrera este sentimento do aforro, así o podemos atopar.
Máis ben debería poñer: "Familia que aforra, familia milagreira"
verbalizado por
Mer
7
apertas
26/05/2008
30.622 persoas non poden estar equivocadas
En letra pequena pon: Authorized and paid for by the Funeral Director´s Association. Support your local funeral home. We gotta eat too, you know.
verbalizado por
Mer
3
apertas
23/05/2008
SEGURIDADE LABORAL II e outras historias
verbalizado por
Mer
2
apertas































