24/06/2009

O meu tesouriño é NENA!!

Probablemente Laura

03/06/2009

nin os médicos se poñen dacordo


O xoves fun ao tocólogo e mandoume facer a amniocentesis. Teño vez para o 30 de xuño. A mín non me fai nin pizca de gracia, pero resulta que nacín 5 meses antes do que debera, xa que o meu cumpreanos FOI ONTE, cumpro os 35 dentro do embarazo, se os cumplise a finais de novembro ou principios de decembro non me farían a proba anteriormente citada.

Antonte fun facer unha ecografía ao xinecólogo. Un médico súper-guai, xiroume o monitor e foime explicando todo o que vía ( á miña irmá e á miña cuñada non lle deixaban ver nada, dicíanlle que o monitor non xiraba e tampouco lle comentaban nada se elas non lle preguntaban, a mín xenial ata me amosou que o bebé tiña as pernas cruzadas, é me dixo que o fémur medíalle 9 mm. -¿ 9 mm.? ¡ miña nai querida!-).

Logo da eco comentoume que "pronto me farían a proba dos cromosomas, ¿ non?" Eu díxenlle que non, que me mandaron directamente a facer a amniocentesis, a pesar de que eu prefería facer a dos cromosomas e así llo fixen saber á tocóloga, e se esta saía mal, facer a da amniocentesis, pero en caso de saír ben xa non facer a amniocentesis. Entón díxome él: "ao saír de aquí, vas á porta 15, falas coa túa tocóloga e pídeslle para facer a proba dos cromosomas, porque esta decisión tén que ser túa".

NOTA: Para quen non o saiba, a amniocentesis faise cando pola idade pode nacer un bebé con síndrome de down, pero na proba dos cromosomas tamén se pode ver, pois as persoas con síndrome de down teñen unha copia extra do cromosoma 21. Se a proba dos cromosomas sae mal, fanche a amniocentesis para certificalo, que se fai pinchándoche a barriga cunha agulla algo longa e extraendo líquido amniótico para analizalo

Nin corta nin perezosa fun falar coa tocóloga. De entrada púxome moi mala cara, logo díxome que era o protocolo que se seguía e que ela xa sabía que seguramente eu teño medo porque no consentimento informado que debo firmar pon "non se descarta que tra-la proba ocorra un aborto espontáneo ou un parto prematuro", ademáis que é doloroso e en xeral considérase algo perigoSo. Pero seguiume dicindo que ESTE É O PROTOCOLO e eu fago o que manda o protocolo, estamos intentando que non se faga esta proba ata os 37 anos porque hoxe en día é algo absurdo pero é o que agora mesmo hai que facer, o que pasa que se cada un se metera no seu (non recordo exactamente a frase, pero era algo alusivo á información que me acababa de dar o xinecólogo que me fixo a eco).

Eu recunquei réplica: "Pois este protocolo non é igual para o todo o mundo porque a miña cuñada (a irmá de Pablo), tén 37 anos, fixéronlle a proba dos cromosomas e como lle saiu ben non lle fixeron xa a amniocentesis" ( tamén conta que nin ela nin eu temos antecedentes de síndrome de down na familia)

A tocóloga retorceu o fuciño e díxome con cara de súper-enfadada: "Bueno, voucha mandar facer pero como algo excepcional, vas o día 15 ao teu centro de saúde a que cha fagan. Eles envíanos a nós os resultados que estarán en 8 ou 10 días. Para saber se saíron ben tés que chamarnos porque nós só chamamos se sae algo mal e ao mellor non te chamamos con tempo para facer a amniocentesis. Chámanos sobre o día 25 para se non queres logo facer a amniocentesis anularche a cita".

A irmá de Pablo vive en Catalunya e alí, segundo o seu protocolo, fixéronlle primeiro os cromosomas (a análise triple esa) e como saiu ben, xa nada máis. Aquí non, ¿ será polo custo?

Seguiremos informando.