Co conto da nova enfermidade, onte explicaba na tele un doctor erudito no tema, cómo foi o desenvolvemento da mesma, ata chegar ao que coñecemos.
Parece ser que se xuntaron no corpo dun porco virus de gripe aviar e humana, o que deu lugar a un virus híbrido de "alta patoxenicidad" e doada transmisión entre os humanos.
Ao ser un virus novo non se pode saber a ciencia certa cómo será o seu comportamento e, aínda que tén unha porcentaxe moi baixa de mortalidade, a OMS xa elexou o nivel de alerta sanitaria.
MORALEXA: A unión fai a forza (xa o dicían os romanos), e parece que ata os animais e organismos máis cativos do noso sistema o entenden, menos nós, os Homo Sapiens.
28/04/2009
Gripe porcina: U.V.G.V. (Unión de Virus de Gripes Varias)
verbalizado por
Mer
9
apertas
23/04/2009
21/04/2009
Preludio
Parecía que ía pasar este mes de abril sen pena nin gloria ata que atopei estas cores no ceo, preludio seguro de algo bo.
Cansos do tempo ou da falta del, odiando o traballo mentras da-las gracias por telo, rindo por non chorar e chorando de risa.
Observamos este arco da vella, que existe pola mestura da choiva co sol, porque os polos opostos atráense, sempre hai un roto para un descosido e non hai mal que por ben non veña.
verbalizado por
Mer
6
apertas
06/04/2009
Sementando praceres que non se pagan
(Foto de El Huerto Escolar)
Estes días andiven algo desconectada do mundo blogueiro. Pola semana sen tempo e o soleado fin de semana adicado a tarefas ao aire libre.
Estivemos sementando e prantando hortalizas varias.
Primeiro tivemos que pechar esa parte da leira para que a cadela non vaia meter o fuciño. Puxemos unha alambrada con estacas de madeira.
Polo momento fixemos 9 caballóns (coma os da foto), de 1 metro de ancho por 8 de longo.
Prantamos: leitugas en pranta e en semilla (verde e roble), cenorias, repolo, porros, espinacas, acelgas, xudías, chícharos, brécol, melóns, calabacíns, cebolas (aínda que é un pouco tarde xa), remolacha e fabas catalanas.
Fixemos algúns experimentos. Puxemos 2 caballóns de xudías. Un deles con "cama quente", é dicir, botámoslle esterco por riba da terra, unha vez prantada a semente, e no outro, mesturamos o esterco coa terra e despois prantamos. A ver cal da mellor resultado.
A cama quente tamén lla puxemos aos calabacíns e aos melóns.
Temos sitio para 3 caballóns máis que estamos reservando para os pementos de Padrón, tomates e outro tipo de acelgas, coa penca máis grosa.
Tamén fixemos uns semilleiros de acelgas e espinacas, para trasprantalos máis tarde.
E entre isto, a piscina, o traballo, a familia e o día a día, ando a cen. Unhas veces por moito e outras por pouco.
En fin... a ver se a colleita é boa, que é un pracer baixar á horta e cortar a leituga para comer no momento.
verbalizado por
Mer
13
apertas

