
Dende que ía á escola, sempre pensei que estaría ben ter unha asignatura que nos valese na nosa vida cotiá para cando saíramos ao mundo real, ao mundo laboral, ao mundo do consumo,...
Estaba convencida de que na escola ou no instituto deberíannos enseñar os nosos dereitos como cidadáns e consumidores, explicarnos o contido da Declaración Universal dos Dereitos Humáns, os dereitos dos traballadores, etc...
O Goberno aprobou esta asignatura que tantas críticas tivo e moitas obxecións (disque 50.000 en toda España), porque algúns pais opinan que vulnera os seus dereitos como educadores. Os puntos más polémicos son o matrimonio homosexual e a identidade de xénero. Para o Foro Español da Familia, materias como os modelos de familias e matrimonio, a orientación afectivo-sexual e outras propias da ideoloxía de xénero, afectan directamente á formación moral dos alumnos, "só corresponde impartila aos pais".
A mín paréceme moi ben educar aos fillos como cada un quere, pero polo que lin no TEMARIO desta asignatura, só se lle pretende explicar aos nenos o que entra dentro da legalidade. Sinto moito que estes pais se atopen nunha encerrona, pero alégrame que estes nenos aprendan na escola (por que se os seus pais están en contra, na casa non o ían aprender), que un negro non é inferior, que un homosexual non tén que ir ao cárcere pola súa condición, que o traballo dunha muller é tan válido coma o dun home, que vivimos nun país democrático, ¿ qué significan os impostos?, ¿ por qué teño que pagalos?, a convivencia de culturas distintas nunha sociedade plural, o rechazo ás discriminacións, etc...
De tódolos xeitos o que é e o que realmente se impartirá está á libre elección de cada centro escolar.
30/01/2009
Educación para a Cidadanía
verbalizado por
Mer
2
apertas
29/01/2009
Vivimos na ironía constante
Leo hoxe A Voz de Galicia, e atópome estas dúas noticias seguidas, unha debaixo da outra, unha de cal o outra de area, ou mesmo as dúas de area.
Ao primeiro, unhas declaracións de Fenosa nas que, como podemos ler, chámanos comprensivos, que é o políticamente correcto, por non dicirnos parvos directamente. " Cos galegos non nos preocupamos que os podemos manexar ben"
Logo desta, alguén no diario quixo confirmar, mediante a noticia dos beneficios da empresa: "Sí, mirade o parvos que somos. Fenosa non está a tomar as medidas de emerxencia debidas - se o caos desbordou, as medidas desbordantes terían que ser-, moitas das liñas que se estragaron xa non estaban ben, as subvencións que recibiu da Unión Europea para o enterramento das liñas non se adicaron a este cometido, pero segue aceptando subvencións e axudas (agora mesmo por exemplo, as cuadrillas forestais da empresa pública Seaga, deixaron de facer o traballo que estaban a facer nas leiras do Bantegal e limpan os camiños que transcorren debaixo das liñas de alta tensión. Que contrate Fenosa xente para facelo, que estamos en crise e hai moita xente no paro). Ademáis a factura da luz sube máis que o IPC, facturarán cada mes en vez de cada dous -isto non significa que pagaremos menos, todo o contrario, é coma as subas dos prezos dos aparcamentos-. Pero en Fenosa poden estar tranquilos. Os galegos non protestaremos, somos comprensivos."
¿ E aínda nos din OPINA?
verbalizado por
Mer
3
apertas
20/01/2009
Medidas sociais
Só o 20% das mulleres dan o peito aos seus fillos ata os seis meses, aínda que é o recomendable
Ver Beneficios da lactancia materna
En España tés dereito a 16 semanas, mentras en Noruega son ata 52 semanas e en Suecia 96.
Isto sí que son medidas sociais.
O dos 2.500 euros estivo ben, o malo é que ¿ quén os cobra? todo o mundo, os Thyssen incluídos, por poñer un exemplo de quen non os precisa.
Según o artigo de referencia entre o 80 e o 90 % das mulleres, dan o peito aos fillos ata os 3 meses. Isto quere dicir que hai a intención pero non o tempo suficiente. Empezas a traballar, madrugas, prepáraste tí e ao neno para deixalo na gardería de turno mentras traballas, según o turno que fagas, claro, porque como empeces a traballar ás 7 da mañá, xa che vexo contratando a alguén ou pedindo favores para ter quen quede co neno ata que a gardería abra.
E logo a ver cómo vai o día. Podes vivir soa ou en parella, en todo caso e con sorte tras esta crise, el tamén traballará, e así andaredes os dous a cen para deixar un pouco organizada a casa, facer o xantar, a cea, a colada,... case non tedes tempo para ver ao voso fillo ¿ cando lle vas dar de mamar?
Pero por suposto, entendo que sexa moito máis importante subir o orzamento militar, que os ministros asistan a xuntanzas con 30 asesores e se aloxen todos en hoteis de 5 estrelas e lles paguen unhas dietas de vértixe, que con fondos públicos se subvencionen espionases con fines políticos e electorais,... entendo que é todo máis importante que o máis importante.
verbalizado por
Mer
4
apertas
09/01/2009
Stress estático
verbalizado por
Mer
6
apertas


