17/07/2009

GALEGOFOBIA

No blogue de Séchu enterieme desta nova noxenta, que él atopou en chuza:

"Atendendo ao anúncio da porta do estabelecimento ..... Santiago de Compostela: «Se necesita dependienta. Razón aquí», entrei no referido estabelecimento com um currículo e entreguei-o à pessoa ao cargo.

Depois de ler o currículo e perguntar-me sobre a minha experiência laboral prévia, eu respondim em galego. A reacçom desta pessoa foi a seguinte:

«Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias»

Evidentemente eu falo perfeitamente castelhano e galego, assim como algo de inglês, mas ao tentar explicar-lho, este homem nom atendeu a razons e seguiu repetindo:

«Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias».

É isto bilingüismo cordial? Isto é o que pretende Galicia Bilingüe?

P.S.: Esta história acontece em 2009, nom em 1950."


Tamén en Chuza, pódese ver cal é esta tenda, á que lle remito esta carta:

Ola,

Chamo-me xxxxx e vivo em xxxxx

Escribo estas palavras para lhes comunicar a minha decisiom de nom voltar entrar no seu estabelecemento e fazer todo quanto esteja na minha mao para que familiares, amig@s e colegas saibam da política galegófoba da sua empresa.

Despois de ler em vários médios de comunicaçom que o seu estabelecemento discrimina os falantes de galego -a língua que falo desde os 17 anos- envio este email para lhes comunicar que me sinto indignado com cidadám e que farei todo o posível para dar a conhecer esta imensa falta de respeito cara ao idioma próprio de Galiza e, por suposto, cara a umha persoa despreçada, humilhada e discriminada por raçom de língua.

Inaceitável!

...

ANÍMATE TÍ TAMÉN

centro@base.net
marketing@base.net

5 apertas:

Raposo dijo...

De aqueles polvos veñen estes lodos.
Feijoo e a Lago estarán contentos, o bilingüismo harmónico e cordial funciona. Carallo, si funciona!!!

Ana dijo...

Ostras, venño de leer alguns posts atrasados e me topo coa boanova.
Pillina, y no lo me habías contado!
Me alegro un montón, y espero que todo te salga bien.

Por certo, donde esta A barca?
Xa non vives cerca minha?

Bicos

Alex Bescos dijo...

Hola soy Àlex Bescós director de Marketing de base.detallsport s.a. y me gustaría aclarar que uno de nuestros valores fundamentales y que siempre respetamos es, no discriminar a nadie por ningún motivo ya sea etnia, sexo, lengua etc.
Queremos pedir tu ayuda y la de los lectores de tu blog, para localizar a la persona afectada por esta desagradable situación, y poder hablar con ella personalmente.
Este es mi email personal de contacto, alex.bescos@base.net
Saludos
Àlex

Carlos Sousa dijo...

Carallo!! Viña a poñer a miña queixa e repugnancia por un tema tan triste como este e mira que me topo. A xente esta pedindo perdón (ou simulando) e dicindo que non desprecian a ninguén. A ver se ten sorte o perxudicado e o admiten a traballar, pero teño as miñas dúbidas.
Isto debe ser máis ben un acto para lavar a imaxen e quedar ben. Se supón que lle tiveron que chegar bastantes queixas por este tema, e non vaia a ser que se corra a bola.

paidovento dijo...

Prefiro pensar que se trata dun caso illado. Supoño que a actitude do encargado non sería a mesma se o que entra é para comprar e non para pedir traballo. Este tipo de humillacións cómpre denuncialas e facelas públicas. De aí a rectificación en forma de comentario.