
Preciso un xinecólogo privado que consulte os venres pola tarde.
Chamo a varios ata que dou con un.
Secretaria: Con que veñas ás 17.55h é suficiente.
Eu: ¿? ¿ Non me vas dar vez para ningunha hora?.
Secretaria: Non. Collemos xente de 17 a 18h e a partir das 18h. empezan as consultas
Eu: ¿?$%&¿? ¿ Quéresme dicir que teño que ir para ahí e sentarme a esperar?
Secretaria: Non é para tanto. Se vas á seguridade social cantas veces che dan vez para as 8 e non che atenden ata as 9.30
Eu (o meu pensamento, non o dixen, aínda que quedei con ganas): Perdoe vostede señora, pero vou pagar 100 € por esta consulta.
Deixeino por perdido. Xa atopei outro.
14/05/2009
Outra de médicos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

6 apertas:
Je,je, aínda por riba parece que cho facía a mala fe. Díceche que vaias as 17:55 para que sexas unha das últimas, en vez de decirche que foses as 17:00 para ser das primeiras.
Por outro lado, nunha sala de espera un par de horiñas, o millor non o pasabas tan mal. Sempre hai con quen larear, coñecer xente, lerchear un pouquiño... Buf!! Millor que topaches outro.
É que asi tiñas tempo de ler as revistas do corazón que sempre hai nas salas de espera.
É que non agradecedes nada, carallo!!
Carlos e Raposo, é que últimamente ando moi impaciente, ao mellor tiña que ir para alí e esperar con tranquilidade, ler as revistas, falar coa xente e relaxarme un pouquiño, pero de seguro só conseguiría porme máis nerviosa.
Se é que, ao final, non sei aproveitar as oportunidades.
Pois xa sabes o motivo de dar con ese, os demais teñen axendas que respetan, i este enche a consulta.
¿Terá una maquiniña coma nas froiterias para disepensar numero?
Xa contarás.
Bicos.
Y los nominados son:
aparecen al final en este enlace
Si si, a idea era o que che di o Raposo: para ler as revistas ATRASADAS que teñen na sala de espera.
Teño pensado moitísimo que se nos deran en vacacións o tempo que pasamos nas salas de espera..ufff!!!
Publicar un comentario en la entrada