(Foto de El Huerto Escolar)
Estes días andiven algo desconectada do mundo blogueiro. Pola semana sen tempo e o soleado fin de semana adicado a tarefas ao aire libre.
Estivemos sementando e prantando hortalizas varias.
Primeiro tivemos que pechar esa parte da leira para que a cadela non vaia meter o fuciño. Puxemos unha alambrada con estacas de madeira.
Polo momento fixemos 9 caballóns (coma os da foto), de 1 metro de ancho por 8 de longo.
Prantamos: leitugas en pranta e en semilla (verde e roble), cenorias, repolo, porros, espinacas, acelgas, xudías, chícharos, brécol, melóns, calabacíns, cebolas (aínda que é un pouco tarde xa), remolacha e fabas catalanas.
Fixemos algúns experimentos. Puxemos 2 caballóns de xudías. Un deles con "cama quente", é dicir, botámoslle esterco por riba da terra, unha vez prantada a semente, e no outro, mesturamos o esterco coa terra e despois prantamos. A ver cal da mellor resultado.
A cama quente tamén lla puxemos aos calabacíns e aos melóns.
Temos sitio para 3 caballóns máis que estamos reservando para os pementos de Padrón, tomates e outro tipo de acelgas, coa penca máis grosa.
Tamén fixemos uns semilleiros de acelgas e espinacas, para trasprantalos máis tarde.
E entre isto, a piscina, o traballo, a familia e o día a día, ando a cen. Unhas veces por moito e outras por pouco.
En fin... a ver se a colleita é boa, que é un pracer baixar á horta e cortar a leituga para comer no momento.
06/04/2009
Sementando praceres que non se pagan
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

13 apertas:
Non che hai comparanza dos productos da horta da casa cos que se mercan. Si pracer da collelos, ainda mais da comelos.
Saudos.
Agora entendo que che pegara o sono.
E eu que tiven que facer estes traballos de pequeno e agora non che me apetece nada. Non sei se voltaran os tempos de ter que cultivar todo na casa.
Aínda así, cando plantábamos na casa (miña nai aínda o fai) non eran tan sofisticados como os que se ven na foto, que parece que ten rego automático, pode ser?
E coidado cos pimentos de Padrón, a ver se che salen algúns como os da foto que mostraras hai tempo que eran laranxos.
Bueno, a cultivar moito, xa contarás como sae a colleita.
Pois eu debe ser que como de cativa nunca fixen este tipo de menesteres, agora resúltame moi ameno. Encántame.
Tamén prantamos un xenarios, os chamados xitanilla, que colgan e quedan moi fermosos; prantamos unhas margaridas e algunhas cousiñas máis.
Xa porei unha foto real, é máis ou menos así pero sen o rego automático, a mín gústame regar coa mangueira, en posición aspersor, aínda que se tarda bastante, pero mira por onde, hoxe choveu e non hai que regar.
Estás feita toda unha hortelana!
¿Eso todo é para consumo propio ou vas poñer un posto de venta no mercado do Calvario?
Mesmo estou pensando em facer un novo camiño de Santiago cara a esa horta :-)
Raposo: pois é para consumo propio, parece moito porque son moitas cousas, pero van saíndo pouco a pouco e vanse comendo ben. Algunhas delas pódense conxelar tamén.
Paquito de Penas: pois a horta en cuestión, está moi preto de Compostela.
Que ben, eu ainda que teño terreno, non podo sementar ni prantar.
O terreno non e meu, so a casa...
Bicos
Ale! que rico todo! Un saúdo
Xa vexo que tes tempo,terreno e ganas.
En confio mais na cama quente, porque cando sementemos patacas van encima do abono.
Pois nada que teñas unha voa colleita
saudos
Co meu pai cando eu era unha nena faciamos iso moitas veces ata chegamos a plantar un día cacahuetes e é moi curioso nacen como as patacas ao final de mátaa, na terra. A.Cris
A min, que son pouco de verduras, paréceme o paraíso dos vexetarianos. Oxalá che medren coma a espuma.
Unha aperta.
Si levas tantos días na horta vas encher de hortalizas todo o blogomillo.
Pois cando se me acabe o meu morteiro, xa sei a onde acudir. Fas envios a través da rede?
Gustoume a expresión "cama quente".
(Media coña, media verdade; o certo é que hai varias "empresas" familiares de Antas que se uniron dende un principio ao proxecto granxafamiliar.com . E parece que non lles vai mal...Bicos polo medios dos vexetais
Publicar un comentario en la entrada