09/02/2009

Visita a Bragança

A parte nova da cidade é bastante feucha, se ben o castelo e os seus arredores ben valen a visita.

O castelo amurallado data do século XII e nel podemos atopar a Torre da Princesa, a Torre do Menagem (que actualmente alberga un museo militar), o Domus Municipalis (disque é o único edificio románico existente na Península Ibérica e non se sabe moi ben cal era o seu uso), a Igrexa de Santa María (fermosa por dentro e por fóra), etc...

De camiño tamén podemos visitar a Sé Catedral de Bragança.


3 apertas:

Ana dijo...

Holaaa

Que sorpresa,Braganca!!!
Dentro de esas murallas que visitaste, en la ciudadela vivían mis abuelos.Que recuerdos me traíste con este post.

Besitos

Raposo dijo...

Nunca estiven por esa zona. Tomo nota.

Mer dijo...

Ana: qué casualidade!!

Raposo: Eu non iría a propósito, non hai moito máis arredor, pero é un bo lugar para visitar se vas uns días por Sanabria.