28/02/2008
VIDA EN ROSA E NEGRO
Princesa, sí, era coma unha princesa.
Cando pechaba os seus párpados,
falando amodo, sen presa.
Sorría, nunha nube rosa vivía.
No seu floreado universo
só a ledicia existía.
Nunca chovía.
Vencida, sentíuse así aquel día.
O primeiro golpe que recibía
non foi un golpe de sorte,
foi un golpe de morte,
o que sentiu mentres el lle batía.
Sen vida, quedou o reino sen ela,
quedou o pai sen a filla.
¿Por que os contos de sempre
non teñen aquí cabida?
¿Por que os finais felices
non caben na nosa vida? (by Mer)
verbalizado por
Mer
6
apertas
27/02/2008
A xente fala mal

Fíxome moita gracia esta viñeta que sae hoxe no Faro de Vigo.
Hai pouco tiven unha conversa sobre isto cun amigo.
No meu actual traballo é onde máis falcatruadas da lingua teño que escoitar.
O outro día unha clienta antes de marchar dixo: "Bueno, a ver si somos capaces de encontrar el muelle de la cuestión"
E unha persoa que traballa conmigo, que está farto de vender faxes toda a súa vida, segue a dicir "transparencia térmica" en vez de "transferencia térmica", pero é que aínda que o estea lendo.
verbalizado por
Mer
5
apertas
25/02/2008
Parabéns Bardem
'Mamá esto es para tí, para nuestros tíos, para nuestros abuelos que trajeron la dignidad para los comediantes de España'
Gañadores
Mellor película: "No es país para viejos"
Mellor director: Ethan e Joel Coen, por "No es país para viejos"
Mellor actor: Daniel Day Lewis, por "Pozos de ambición"
Mellor actriz: Marion Cotillard, por "La vida en rosa"
Mellor actor de reparto: Javier Bardem, por "No es país para viejos"
Mellor actriz de reparto: Tilda Swinton, por "Michael Cayton"
Mellor película de habla no inglesa": "Los falsificadores" (Austria)
Mellor película de animación: "Ratatouille"
verbalizado por
Mer
5
apertas
JUJEL JALISIA
Este sitio é basicamente tres cousas: un servizo público, un experimento en cooperación con Google Inc. para limitar as búsquedas a referencias galegas, e unha páxina simpática para chamar a atención e por en liña dous fenómenos manifestos como son a gheada e o seseo no territorio galego.
É o mesmo buscador de Google, saliantando os resultados galegos. Pouco a pouco irá mellorando.
Máis info aquí...
verbalizado por
Mer
1 apertas
22/02/2008
O libro lido esta semana foi...
O Holocausto visto dende outra perspectiva, unha visión diferente do acontecido na Segunda Guerra Mundial.
PREGUNTA: Quen o lera noutro idioma, ¿como fixeron o xogo de palabras co nome do Campo que en galego está feito Ousvich-Ouviches-Ouvir...?
verbalizado por
Mer
3
apertas
21/02/2008
Estamos tolos ou que?
Está claro: "Vivimos nunha sociedade na que todos os ladrillos son iguais, só que uns máis iguais que outros"
O Centro Comercial A Laxe abre as súas portas sen licencia de primeira ocupación... más aquí
O Centro Comercial Gran Vía segue sen licencia de obra e de actividad...
máis aquí...
aquí...
e aquí...
E aínda por riba isto...
Despois de aguantar a gran subida de tarifas cando entrou en vigor a tarificación por minuto, temos agora que soportar que suban aínda máis os primeiros 80 minutos (nin máis nin menos que o 50% máis)
O primeiro que tiñan que facer é reformar moitos dos parkings que están feitos unha &%3#!$\>r"¬ e hai algúns nos que o ancho da praza é o mesmo que o ancho dun coche de tamaño medio (xa teño algún amigo que tivo que entrar no coche polo maletero despois de que alguén ocupase de forma normal a praza do lado)
Pero ninguén nos vai defender?
verbalizado por
Mer
6
apertas
20/02/2008
FOLGA MÉDICA

Están en folga. Ao parecer non lles pagan os desplazamentos que han facer co seu vehículo.
O Sergas escúdase en que lles paga 330 € ao ano, uns 300 litros de gasolina sen chumbo 95, que nun consumo 10 (que é alto) serían 3000 km ¿non? Que alguén máis experto diga algo.
Uns din que fan 1.600 km. anuais os outros que saen como moitísimo 3 veces á semana (haberá de todo). Eu calculei, supoñendo a saída máxima: 3 x 10 km. por saída: 30 km. x 52 semanas = 1.560 km.
Non sei quen tén razón, non vou entrar nese debate, pero estes complementos nas empresas privadas páganse por kilómetro. Saes a algures, fas un parte cos kilómetros, motivos da saída,... e, á fin de mes, páganchos todos xuntos. Claro, éche laborioso para un e para o outro. O pago fixo dunha cantidade non sería xusta porque haberá quen faga moitos máis, coma os médicos de zonas rurais por exemplo, e sempre hai quen se escaquea todo o que pode (pasa en tódalas profesións)
O das multas é outra cousa. Non estou dacordo con que esixan o cobro das mesmas. Unha multa é persoal, poncha porque cometeches unha infracción. Se aparcas mal, vas a máis velocidade da permitida, saltas un semáforo vermello,... son cousas que podes evitar.
Se hai algún profesional por ahí, agradecémoslle a súa opinión de primeira man.
verbalizado por
Mer
4
apertas
14/02/2008
Kick a Migrant – Patee a un inmigrante
No 2008, Australia recibirá a 152.800 novos inmigrantes. Algunhas persoas pensan que os inmigrantes rouban o traballo aos australianos e destruen o noso modo de vida. ¿Que tal se os mandamos alí de onde veñen?
Esta é a tua oportunidade: ‘Patea a un emigrante e mira a ver se eso resolve algo”.
Kick a Migrant é unha páxina que che invita a ‘xogar’ seleccionando inmigrantes e patealos todo o lonxe que poidas. Hai marcador e ránking. Pode parecer una iniciativa xenófoba. Pero os seus responsables advirten de que, na realidade, trátase de todo o contrario.
Probádeo e lede a historia de cada un deles.
verbalizado por
Mer
8
apertas
08/02/2008
SON RAMBO, JOHN RAMBO
Onte fun ao cine.
Vaia, non era española a peli que vin. Todo se andará...
Según o punto de vista profesional da miña amiga Paula, nesta peli non deberon gastar moitos cartos. Tén erros a esgalla. Como non coñezo a linguaxe técnica só quedei con que hai moitos erros de iluminación nos racords (¿díxeno ben Pauli?).
Agora según o meu punto de vista, ese punto dunha espectadora que vai ver esta peli máis que nada para poder criticala con coñecemento de causa, definiría o filme coma unha traxi-comedia.
Tráxico: Ambientada en Birmania, amósanos gráficamente as masacres dunha guerra civil despiadada. Comeza co que parecen imaxes reais sacadas de arquivo, dunha dureza importante. A nós, habitantes destes países occidentais nos que as noticias máis importantes de hoxe son o da tallaxe da roupa, fáisenos difícil pensar que noutros lares a vida é así e así, cando debería ser así.
Comedia: Tras a commoción da primeira matanza multitudinaria chegan outras moitas matanzas, coas que non paras de rir por ser as "rambadas" inverosímiles de sempre. Brutalidade extrema (e aínda así dache a risa e non podes pensar outra cousa que "¡Coño! pero menudo coitelo que tén, debe ser daqueles que anunciaban na teletenda que non os había que afiar nunca e seguían cortando perfectamente un tomate despois de cortar un ferro")
En fin, o Rambo-Stallone de sempre cuns anos máis e cunha tecnoloxía diferente.
Brutiño coma el só.
verbalizado por
Mer
8
apertas
01/02/2008
LA ENSEÑANZA EN ESPAÑA
verbalizado por
Mer
5
apertas


