24/11/2008

¿ Isto é o que se entende por solidaridade?



Cúpula da Sala XX da ONU, rebautizada coma "Sala de los Derechos Humanos y de la Alianza de Civilizaciones". Debería chamarse cada semana de maneira diferente, co nome dun español non ilustre, co nome de calquera de nós, elixido ao chou.

2 anos de traballo
20 millóns de euros

Declaracións de Zapatero: "la sala y su cúpula son un regalo de España a toda la comunidad internacional, a todos los seres humanos, a todos los países. La impresionante cúpula de Barceló es un reflejo de la España del siglo XXI, un país solidario, comprometido con la ayuda al desarrollo y contra la intolerancia, la discriminación y la pobreza".

España, ese gran país solidario. Con estas actuacións e declaracións estáselle tomando o pelo a toda esa xente que se está quedando sen traballo pola "crise" (perdón o crecemento invertido, disque agora pódese medrar cara abaixo); aos que teñen familiares dependentes e non lles chega axuda algunha; a todos os que están dende hai meses, e anos, nas listas de espera dos hospitais; aos pensionistas que cobran 413 euros ao mes, etc... ¿ Onde está a solidaridade para eles?

Isto é o que se chama ir limpar a casa do veciño tendo a nosa sen varrer

¿ A qué xogamos?

5 apertas:

Ana dijo...

Cuanto se podría haber hecho en dos años y todo ese dinero.....

Besos

Mer dijo...

pois sí, ana, é para flipar que se tiren así os cartos

será que eu non teño nin idea de arte, xa penso que son parva, que isto debería ser todo un motivo de orgullo para os "españolitos" e a mín máis ben paréceme unha tomadura de pelo para todos os que pagamos os nosos impostos para que logo se destinen a xilipolleces deste tipo

Manuel L. Rodrigues dijo...

Bufff:

Agora a cúpula; eu coido que a semellanza entre esta "obra de arte" e a obra arquitectónica que amosabas na anterior entrada é ben grande.

Mentres a arte se pague, nin arte será, polo que me uno ao slogan da CNT.

Un saúdo desde esta outra parte da rede.

Carlos Sousa dijo...

Non o entendo, o millor o Barceló ese quere engañarnos a todos, facendo que vexamos algo que solo el quere ver. E aínda haberá algún que defenda esa obra.

Eu recordome algún bareto co teito moi parecido con estaláctitas de esas, bueno, supoño que máis pequenas.

Botalle un vistazo a esta viñeta Está caralluda.

Unha aperta

Sugoi dijo...

Totalmente de acordo. Aínda que fora a mesma capela sixtina nom hai dereito a gastar asi um dinheiro que nom é do goberno, se nom de todos os que pagamos os nossos impostos, como ti dizeches. Nom debeu parecele bastante regalar millons aos bancos e agora queren regalar umha obra de arte totalmente innecesaria e que chena de cinismo a sala chamada "Sala de los Derechos Humanos y de la Alianza de Civilizaciones". Nom creo que malgastar esas cantidades de dinheiro seja moi coherente com defender os dereitos humanos, mentras hai gente no mundo morrendo de fame e enfermidades.

Bon fin de semana a ti tamén. :)