05/11/2008

Crónicas do bus VI: Soidade na 3ª idade

Foto Mer, Vigo, Maio 2008

Eu de volta para casa ás 21.30 h. con moitas ganiñas de chegar, cear e charlar coa familia antes de ir durmir.

Dúas señoras maiores sentadas unha enfrente da outra:

- Bueno -encóllese de ombros- imos xa para casa.

- Sí

- Non nos espera ninguén

- Por desgracia non


------------------------

Se xa a xente nova, normalmente con mellor mobilidade que os maiores, atopámonos moitas veces sós, imaxinade a esta xentiña erguéndose sós cada día, sen un traballo ao que acudir que lles faga pasar as horas, sen familia ou con ela lonxe, coa tristeza da soltería ou da viuvez. O peor é o inverno, co frío non poden saír tanto á rúa a pasear, faise noite axiña e pasan os seráns na casa acompañados únicamente dos achaques da idade, que se unen á soidade da noite.

6 apertas:

Ana dijo...

E moi triste chegar a esa situación.
¿Que nos deparará o futuro?

Bicos

O Raposo dijo...

A soidade é un dos signos dos novos tempos e o porcentaxe de personas solas medra ano tras ano.
Eu atópome bastante cómodo na soidade e mesmo as veces necesito dela, pero entendo que algunhas personas se lles faga moi duro, sobre todo se son de idade avanzada.

paideleo dijo...

A min gustábame a soidade antes pero agora prefiro a compaña.
No futuro xa se verá...

Carlos Sousa dijo...

Que lles pasará pola cabeza neses momentos? Ten que ser complicado. Hay moita xente que lle gusta a soidade, pero iso é porque necesitamos relaxarnos, saír do barullo, pero esta xentiña maior que ten todo o día para aburrirse, non che digo nada pola noite

LM dijo...

é o grande mal das cidades... o progresso sempre tem as suas victimas.
beijos.

Mer dijo...

ana: sí, é moi triste

o raposo: a mín gústame estar soa e facer cousas soa, pero non sentir soidade todo o tempo, vivín unha época soa e moitas veces pola noite non me sentía moi ben, sobre todo no inverno, un día sí, pero tódolos días, uf

paideleo: grazas por pasarte, supoño que agora sen a compañía da familia non es ninguén, aínda que ás veces desexes eses ratiños para tí

carlos sousa: eu penso o mesmo, qué pensarán tantas horas sós? teño o recordo da miña avoa, un día entrei na súa casa en inverno sobre as 20h e estaba sentada na cociña a escuras, prendín a luz e pregunteille como estaba coa luz apagada, e díxome, "total, estou pensando e non estou facendo nada", provocoume tanta tristeza!!

lm: grazas por visitarme. hoxe en día xa non é só nas cidades.