
Tíñamos unha selva, agora temos unha hortiña xeitosa.
Hai que ver o ben que se sente un admirando o que tanto traballo e suor lle costou, unha vez rematado o choio.
A semana pasada tiven vacacións e un dos días paseino modificando a selva da casa da aldea de miña nai en horta da casa da aldea de miña nai. Cortando a ¿herba?. Ben, había de todo ademáis de herba, unhas prantas de hortensias que xa eran árbores, non sei qué tipo de arbustos salvaxes e mesmo escombro e lixo que o porcallón do anterior "inquilino" free deixou por alí. Nunca máis inquilinos, e menos free, queda plena para o goce da familia.
Agora a coidalo. Dentro dun mes haberá que darlle outra pasadiña, aínda que a idea de ter unha selva propia atraíame. Unha excentricidade máis.
30/10/2008
Selva Vs Horta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

2 apertas:
O cambio é evidente,ata parece que hai moito mais espacio,pero penso que ben merecia unhas berbas no teu relato a persoa que fixo posible ese cambio, non che parece?,ainda estás a tempo para remendalo,je,je
Ben, jeni, a persoa que me axudou gústalle pasar desapercibida e aínda que poño moitas cousas no blogue que dalgunha maneira son para él, sabémolo nós e chega.
O meu agradecemento xa llo amosei doutra maneira máis íntima e persoal.
Unha aperta, a ver se nos vemos este finde pola feira románica.´
Chámote.
Publicar un comentario en la entrada