O mes pasado cargáronme na miña conta 57 € como pago dunha factura de Vodafone.
Non son clienta de Vodafone.
Deime conta ao consultar o extracto por internet.
Chamei ao banco e dixéronme que tiña que ir alí e firmar non sei que papeliño para enviar o recibo de volta.
Pero vamos a ver: É a miña conta e eu non autoricei a Vodafone a cargarme nada, ademais o recibo ven a nome dunha persoa que non son eu. Cando domiciliei o recibo do ximnasio, tiven que asinar un papeliño onde autorizaba a domiciliación ¿ por qué con isto non?
Antonte, consultándo o extracto, atopei un recibo de New Technology Insurance, que non sei qué carallo é, polo importe de 36 euros, a nome da mesma persoa que o bendito recibo de Vodafone.
¿ Pero qué pasa? ¿ Pódenme cargar cousas ao chou sen a miña autorización e logo son eu a que teño que andar ás voltas para devolvelas?


5 apertas:
Puff, menudo follón!! Espero que non me toque a min........A ver se o podes solucionar pronto!
eu esperaria a fin de mes... esperaria o ingreso da nomina da persoa da cal che pasan os recibos.
Logo iria a banesto e pasaria a miña nomina con todos os recibos para alí, con cal tes de regalo una tv lcd de 32".
E que che boten un galgo, por listos.
Apertas.
Vaya,o que faltaba,xa non temos cartos pra o noso,so faltaba pagar o dos demáis.
Bicos
Os martes e xoves comenzo aerobic,temos que falar pros días da caminata.
Boeno, pois eu penso que o teu banco o que pretende é que te entreteñas revisando os teus extractos e reclamando as devolucións.
Sonche así de bueniños ;-)
Si ó final aínda hai que andar con ollo, nos a darlle ganancias, e eles a darnos preocupacións.
Vamos ter que voltar os tempos de antes, gardar os cartos na viga da bodega, bueno, iso si os hai.
Unha aperta
Publicar un comentario en la entrada