Rabeo por contar unha cousa.
A ver de qué coño vai a xente.
Unha persoa achegada á miña familia, empezou a traballar de recepcionista nunha perruquería (imaxinar a perruquería que era para ter recepcionista, bueno, era ESTA)
A ver de qué coño vai a xente.
Unha persoa achegada á miña familia, empezou a traballar de recepcionista nunha perruquería (imaxinar a perruquería que era para ter recepcionista, bueno, era ESTA)
700 euros ao mes, pagas extras incluídas.
Chegou o primeiro día a casa un pouco desilusionada, a xefa algo estricta e ríxida de máis, non parou de berrarlle todo o día que se puxera ben dereita, coa cabeza moi levantada e sen apoiar as mans en ningún momento no mostrador, os brazos sempre ao longo do corpo (coma militar facendo garda na entrada da Moncloa)
O segundo día de traballo explicáronlle que segundo a "política interna da empresa" tiña a obrigación de tinxirxe e poñerse mechas no cabelo cada 15 días, cun gasto mensual na perruquería de arredor dos 100 euros. Cágate lorito!
Isto é, ademáis de burro, apaleado. Ademáis de non pagarche nada ben, tés a obriga de gastar os teus cartiños na empresa para a que traballas, e xa non falemos da OBRIGACIÓN de cambiar o teu aspecto físico (o que considero máis grave do asunto).
Parece mentira, pero estas cousas aínda existen hoxe en día no mundo laboral, e moito máis do que nos parece.


11 apertas:
Pois este tipo de cousas son as que hai que denunciar: que che esixan levar o pelo dunha determinada maneira e cor xa é o colmo.
Sen comentarios.
Xa que a perruquería tén unha cristaleira ben grande, había que facerlle unha pintada denunciando o tema cada 15 días.
Non valería para moito, pero daríase a coñecer o asunto.
...ben; aquí entro eu (non por alusións pero si pola parte que me toca (profesional)).
Entendo que 700 euros non é para nada un soldo ao que se lle poda denominar digno.
Non entendo o da "pose" militar para recibir á clientela.
Ben é certo que nos salóns se pide aos empregados que manteñan unha imaxe acorde co estilo da perruquería en cuestión pero: que sexa obrigatorio??? que teña que pagalo o afectado???
Meu deus: unha das boas cousas que tiñan os salóns (alo menos onde eu traballei) era que os obreiros non pagabamos absolutamente nada do que nos quixeramos facer (e non era pouco)
...polo demais tiñas que verme a min co pelo tinxido de azul e rosa... (espectacular!)
...enfim; voltamos ao tempo da escravitude.
Despóis din que a xente non quere traballar. E non me extraña con casos así.
Enfin, déixoche unha encarga no meu blogo. A ver se che gusta.
Vivir para contarlo
o raposo: eu tamén estou dacordo con denunciar sempre
carlos sousa: aínda que non estou a favor de ningún tipo de violencia, hai quen o merece ben
manuel l. rodrigues: pois xa ves como andan as cousas polas "perrus" de "alto standing"
paideleo: eu tampouco quixera traballar nun sitio así
abueloscrisytoño: sobrevivir para contalo ;-)
Eu fixen a rota dos muiños do Folón hai tres anos.
Déixoche a ligazón ao meu blogo antigo.
http://eueoseeuu.blogspot.com/2005/07/caminhada-polos-muinhos-do-rosal.html
Gracias paideleo pola info, a ver se este próximo fin de semana a choiva nos deixa achegarnos ata O Rosal e facer o percorrido.
Apertas
Boa tarde, Mer,
Eu coñezo a perruqueria da que falas dende hai tempo e creo que estás moi enganada, posto que a xente que eu coñezo (que traballaron para eles) só contan cousas boas.
Ademais, a "xefa" que ti chamas dictadora militar a min paréceme encantadora (xa ves que aquí coñecémonos todos).
Penso que só escoitas a versión dunha traballadora resentida e deberías ve-las dúas partes antes de dar mala fama a unha perruqueria.
Por certo, que a rapaza que eu coñezo nunca se cambiou a cor do pelo.
Hola Raquel,
pois mira, pode que cambiara a política da empresa ou mesmo a encargada, eu falo da perruquería desta cadea que está na rúa Rosalía de Castro de Vigo.
Estou completamente segura do que digo porque pasoulle a alguén da miña familia, alguén coa que convivo e que o segundo día de traballo cando lle plantexaron o do cabelo, marchou e non aceptou seguir traballando máis que nada, o que máis lle molestou foi que lle esixisen gastar eses cartos.
Afortunadamente xa atopou outro traballo no que non lle esixen estas animaladas.
Hola, Mer
Posto que tiña curiosidade quedei onte coa miña amiga e estivemos falando do tema.
Ela díxome que a perruquería que mencionas pide bo aspecto ós seus traballadores, pero sen pedir nada en concreto; e que os servicios que se realizan son GRATUITOS para o persoal. Creo que o teu familiar non entendeu o que lle contaron.
Ademais a xefa de Vigo segue sendo a mesma e, se algún día chegas a coñecela verás que é unha persoa moi agradable.
Como remate, suxíroche que pases ti mesma polo salón e comprobes o ambiente que teñen antes de darlles mala fama.
Saudos
Publicar un comentario en la entrada