27/09/2007

VENTA AMBULANTE

Unha muller, veciña de Burgos, multada por levar un letreiro de "Se Vende" no seu coche.

Ao parecer as ordenanzas municipais prohíben a venta na rúa.

máis aquí... (fixádevos nas iniciais da denunciada)

26/09/2007

TODAS SOMOS MISSES (Srtas. en inglés)


Alucino coa polémica que se formou a tenor dos comentarios e xestos feitos por un dos membros do xurado de Miss Italia 2007.

Resulta que as rapazas misses-señoritas consideraron que este señor (ou mister, por aquelo de non desentonar co vocabulario técnico) estaba a ser machista.

A ver, este é un concurso súper-machista, ¿ninguén informara ás nenas que o que se ía examinar era cada parte dos seus corpos?

Que eu saiba neste tipo de concurso non se premia precisamente a intelixencia, a habilidade psicomotriz, a técnica de baile, a memoria,...

LEGAL-ILEGAL


O Concello de Vigo derrubará a casa dunha familia esta semana.

Vigo segue a estar igual de mal.

Aínda non temos Plan Xeral. Hai xa moito tempo que debería estar aprobado pero as forzas políticas non se poñen dacordo e así andamos. Eso sí, os constructores seguen construíndo sen licencias e o Sr. Abel Caballero, actual alcalde de Vigo, manifestou que "co futuro Plan Xeral vanse legalizar os 2.000 pisos pendentes de derrubamento pola súa ilegalidade".

Moi ben Sr. alcalde, 2.000 pisos ilegais. Centro Comercial Gran Via tamén ilegal. Parking de Rosalía de Castro ilegal igualmente, as Torres de García Barbón, os pisos da Finca da Marquesa, e un longo etc... e o único que se vai derrubar é a casa duns señores ás aforas da cidade, en Sampaio.
.
Era unha casa vella de pedra antiga que reformaron cun permiso municipal de reforma datado no ano 1999. O problema foi que tiraron dúas paredes vellas e levantaron unha nova. A súa veciña, cheíña de envexa, sacou fotos e demandounos por ilegalidade urbanística.
.
Para máis INRI esta decisión xudicial apóiase en que “o xuíz desestima se o PXOM legalizaría ou non a casa porque di que é só unha hipotese e que o plan non existe por iso obriga a derrubar a vivenda

Precisamente no que se apoia o xuíz para derrubar a vivenda é o mesmo no que se apoia para non derrubar o resto das construccións ilegais

máis aquí

25/09/2007

20minutos.es de hoxe

21/09/2007

máis pintadas



IGNORANCIA SOCIO-CULTURAL



PORROS

Definición de porro según a Real Academia Galega: Planta de horta parecida á cebola, cun bulbo pequeno que se prolonga nun talo cilíndrico de cor branca. Plantou dous regos de porros. 2. Bulbo desta planta. Esta sopa leva cenorias e porros. u Tamén se chama allo porro.

Así que xa o sabedes, os que teñan o vicio de fumar esta cebola, non o poderán facer nesta cafetería ;-P

¿Tódolos camiños levan a Roma? NOOOOOONNNNN

TÓDOLOS CAMIÑOS LEVAN A MONFORTE E "ORENSE"

17/09/2007

Qué din os rumorosos...?


Tanta polémica coa aprendizaxe do himno galego.

Moita xente non ve a necesidade, non considera oportuno, non lle da a gana ou simplemente non quere que os seus fillos aprendan o himno galego, mais a ningún deles parece que lles importa que aos 6 anos os rapaces saiban cantar "Happy Birthday to you" e "Jingle bells, jingle bells, jingle all the way"; incluso lles fai gracia.
.
Doutro lado, o himno é a letra dunha poesía dun grande poeta. Se os nenos recitasen a Bécquer faríamoslles un agasallo.

Michael Sembello - Maniac (Flashdance)

ESta canción recárgame a batería.
Xa estou pensando na miña clase de aeróbic-step das 19:30 h. ¡A flipar un pouquiño, bailotear, suar...! Non hai mellor maneira de comezar a semana.

14/09/2007

Igualdad de género

Irán: Las autoridades frustran la campaña por la igualdad de género.

Quienes defienden los derechos de las mujeres en Irán se enfrentan a detención y encarcelamiento

O noso Chakarita

Ando a remexer no disco duro externo que hai moito que non enchufaba.

Cantas fotos olvidadas!

Hoxe en día xa non abrimos caixóns cheos de álbumes vellos nen subimos ao faiado. Por un lado éche unha pena, por outro éche moito máis cómodo.

13/09/2007

Vieites Family - Anos 20

O primeiro pola dereita é o meu avó materno e a que está ao seu carón a súa nai. Os demais son os seus irmáns.

Encántanme estas fotografías antigas.

12/09/2007

Corzón Family - Charlie´s Angels

At Nicraria Home. Friday, 31/august/07
Dentro de moitos anos aos meus netiños pareceralles esta unha foto tan antiga coma a nós a de arriba.

No You


Está claro que haberá moitos sitios nos que non nos deixarán pasar.

10/09/2007

PERFUMES

Non se sabe cando foi que se usou o primeiro perfume nen cómo comezou ese afán por oler ben ou, polo menos, diferente.

Soñemos.

Sería aquel día no que Mori xogaba a cazar mamuts co seu fillo pequeno, Nagú. O rapaz, que aínda non camiñaba moi ben, caeu enriba dos excrementos frescos dalgún animal que facía pouco pasara por alí. Horas despois Nagú seguía a oler moi mal.

Mori, que sempre destacara polos seus inventos cooperando ao benestar da comunidade, pensou de maneira máis que lóxica: "Se ao mancharnos con algo que cheira tan mal, cheiramos igual de mal, seguro que se nos frotamos con algo cun recendo agradábel, nós tamén recenderemos agradábelmente".

E probou.

Encheuse de herbas silvestres, de olores variados. Colleu no monte artemisa e regaliz, tamén anís e romeiro. Frotouse o corpo co regaliz e o do seu fillo co romeiro. Deixou a artemisa para a súa muller e o anís para o fillo maior.

E con este acto tan simple, empezou unha tradición que xa dura
moitos séculos.

***

Eu utilizo perfumes doces.

O meu perfume imprescindíbel e favorito é Lolita Lempicka,



Tamén utilizo ás veces Baby Doll e Bright Cristal


E en ocasións utilizo algún máis suave coma as augas de colonia de Yves Rocher, de frambuesa, fresa ou coco:

¿E a ti a qué che gusta oler? ¿Qué perfume/s utilizas? ¿Gústanche doces, afroitados, fortes,..?

06/09/2007

NoPoPo: (non-pollution power)

Pilas que se recargan con agua (¡y orina!). NoPoPo

Increíble pero cierto. Japanese Company Aqua Power System, ha desarrollado unas pilas que se recargan con agua y orina (también con otros líquidos como coca-cola, cerveza o café) y ha hecho su "presentación oficial" en la IFA, en Berlín.

El invento de momento sólo está a la venta en Japón (por 780 yenes ó, lo que es lo mismo, 5 euros) El pack incluye 2 pilas recargables y la cánula para realizar la recarga de forma correcta. Todavía no hay fecha de salida a la venta en Europa y/o Estados Unidos.




Amnistía Internacional: Thousands are held prisoners for their beliefs in places worse than this

Miles de prisioneros están en un lugar peor que este:

No he tenido tiempo para leer esta mierda



Visto en Eat Liver